Parlamento de Cantabria

O Parlamento de Cantabria, denominado Asamblea Regional de Cantabria ata a reforma do estatuto de autonomía de 1998, é o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Cantabria. Os seus membros chámanse deputados e o seu cometido é o de representar aos cidadáns cántabros. Son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e segredo.

O Parlamento de Cantabria, na rúa Alta da cidade de Santander.

Historia editar

  • 1979: constitúese a Asamblea Mixta presidida por Justo de las Cuevas;
  • 1982: constitúese a Asamblea Regional Provisional presidida por Isaac Aja;
  • 1983: constitúese a primeira Asamblea Regional de Cantabria elixida por sufraxio directo;
  • 1998: a Asamblea Regional de Cantabria pasa a denominarse Parlamento de Cantabria;

Funcións editar

As súas funcións pódense dividir en tres apartados: lexislativas, de control e orzamentarias.

Lexislativas editar

Neste apartado o parlamento ten o poder de:

De control editar

Aquí incluiríanse:

Orzamentarias editar

As funcións orzamentarias serían:

  • Realizar e aprobar os orzamentos da Comunidade.
  • Aprobar plans de fomento da actividade económica para o interese xeral de Cantabria.

Composición editar

O Parlamento de Cantabria é elixido en réxime de circunscrición única, xa que é unha Comunidade uniprovincial. O número total de deputados é de 39, aínda que pode ter un número variable entre 35 e 45. Os deputados exercen o seu cargo durante catro anos e gozan de inviolabilidade por actividades realizadas no exercicio do seu cargo (votos, opinións etc.)

Grupos parlamentarios no Parlamento de Cantabria

Nome Partidos Voceiro Líder Escanos
Grupo Parlamentario Popular (GPP) Partido Popular Eduardo Van den Eynde Ignacio Diego (Presidente) 20
Grupo Parlamentario Rexionalista (GPR) PRC Rafael de la Sierra Miguel Ángel Revilla 12
Grupo Parlamentario Socialista (GPS) PSC-PSOE Rosa Eva Díaz Tezanos Lola Gorostiaga 7

Órganos editar

Está composto pola Mesa, a Xunta de Portavoces, a Deputación Permanente e as Comisións Permanentes.

Mesa editar

Presidente

Ostenta a representación do Parlamento, asegura a boa marcha dos traballos deste e dirixe e ordena os debates plenarios. Correspóndelle cumprir e facer cumprir o Regulamento, interpretándoo en caso de dúbida e suplíndoo nos de omisión. Desempeña, así mesmo, todas as demais funcións que lle confire o Estatuto de Autonomía, as leis e o Regulamento da Cámara.

Vicepresidentes

Substitúen ao Presidente, de acordo coa orde establecida, exercendo as súas funcións cando se producen vacantes, ausencias ou imposibilidade daquel. Desempeñan, igualmente, aqueloutras funcións que lles sexan encomendadas ou delegadas polo Presidente.

Secretarias

Supervisan e autorizan, co visto e prace do Presidente, as actas das sesións plenarias, da Mesa e da Xunta de Portavoces. Nas sesións plenarias asisten ao Presidente para asegurar a orde nos debates e a corrección das votacións.

Xunta de Portavoces editar

A Xunta de Portavoces está constituída polos portavoces dos Grupos Parlamentarios, que se reúnen baixo a presidencia do presidente do Parlamento. Ás súas reunións pode asistir un representante do Goberno.

Compételle pronunciarse sobre o calendario de sesións do pleno e das comisións, a fixación da orde do día dos plenos e a coordinación dos traballos dos distintos órganos parlamentarios.

Regulamento da cámara editar

Tras 12 anos de traballos, en 2007 reformouse o regulamento interno que regula á cámara, versión en uso desde 1983. Este novo regulamento pretendeu axilizar a actividade parlamentaria, impedir o transfuguismo e garantir o control ao Goberno, ademais de fixar un 0,7% do orzamento anual para a cooperación ao desenvolvemento.[1]

Sede editar

 
Fachada principal do edificio.

A sede do Parlamento cántabro é o antigo Hospital de San Rafael, situado en Santander. Foi inaugurado como sede da institución o 2 de xullo de 1982. Anteriormente, o Goberno cántabro e o Parlamento compartían sede no antigo edificio da Deputación Provincial de Santander en Puertochico.

Presidentes editar

 
Patio interior.
José Antonio CagigasMiguel Ángel PalacioRafael de la SierraAdolfo PajaresEduardo ObregónGuillermo Gómez Martínez-CondeIsaac AjaJusto de las Cuevas

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar