Parlamento Saami de Noruega

cámara de representación política do pobo saami en Noruega

O Parlamento Saami de Noruega (en noruegués: Sametinget, en saami setentrional: Sámediggi, en saami de Lule e saami de Pite: Sámedigge, en saami de Ume: Sámiediggie, en saami meridional: Saemiedigkie, en saami de Skolt: Sääʹmteʹǧǧ) é unha cámara representativa para o pobo saami de Noruega. Actúa como unha institución de autonomía cultural para os membros deste pobo.

Parlamento Saami de Noruega
9ª Asemblea Parlamentaria Saami
Datos xerais
Ámbito
Creación9 de outubro de 1989
TipoUnicameral
Liderado
PresidenteSilje Karine Muotka[1] (Asociación Saami Norueguesa)
desde o 21 de outubro de 2021
Composición
Membros39
Sami Parliament of Norway current.svg
Grupos representadosGoberno (21)

Oposición (18)

Sede(s)
Parlamento Saami de Noruega
Karasjok, Noruega
Sitio web
sametinget.no
Foto aérea do parlamento.

O Parlamento creouse o 9 de outubro de 1989. A sede está na aldea de Kárášjohka, no concello de Karasjok, no condado de Troms og Finnmark. Conta con 39 representantes, que son elixidos cada catro anos por voto directo de 7 circunscricións. As últimas eleccións foron en 2021. A diferenza de Finlandia, as 7 circunscricións abranguen toda Noruega. A actual presidenta é Silje Karine Muotka, que representa a Asociación Saami Norueguesa.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Keskitalo guodá – Muotká joarkká". NRK Sápmi (en saami de Lule). 21 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar