Pareidolia

interpretación perceptiva

A pareidolia (derivada etimoloxicamente do grego eidolon: «figura» ou «imaxe» e o prefixo par: «con» ou «adxunto») é un fenómeno psicolóxico consistente en que un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibida erroneamente como unha forma recoñecible. Unha explicación deste fenómeno de acordo co funcionamento do cerebro, é descrita por Jeff Hawkins na súa teoría de memoria-predición (memory-prediction framework).

Este espertador semella ter unha cara triste.
As sombras desta montaña en Marte fana parecer un rostro humano.

Descrición editar

O carácter aparentemente sagrado de determinados lugares arqueolóxicos, podería ser explicado en parte, con:

  • O fenómeno psicolóxico coñecido como hierofanía, xeralmente asociado as experiencias relixiosas.
  • O fenómeno psicolóxico coñecido como pareidolia - perceptivo, non necesariamente patolóxico – utilizado na exploración psicolóxica (test de Rorschach).

Casos coñecidos editar

Algúns exemplos comúns da pareidolia son:

  • Visión de animais ou rostros na forma das nubes
  • Visión de rostros nos cumes dalgúns outeiros pedregosos
  • Visión de caras na parte dianteira ou posterior dun vehículo (os faros representarían os ollos, a grella a boca e o parabrisas a fronte ou cabeza)[1]
  • Imaxes de rostros en aparellos (na imaxe), edificios etc
  • Visión de persoas ou siluetas no pavimento.
  • Audición de mensaxes recoñecibles en rexistros en idiomas descoñecidos ou reproducidas ao revés.
  • Observacións de ovnis, críptidos, pantasmas ou outros fenómenos paranormais.
  • Numerosas figuras relixiosas ou simplemente humanas, en obxectos astronómicos como a Lúa, a Nebulosa da Aguia.
  • Imaxes relixiosas en obxectos cotiáns (árbores, pedras etc.).

Notas editar

  1. G&J España Ediciones, ed. (17-10-2008). "Los coches con “cara de enfado” venden más". Muy Interesante (en castelán). Consultado o 17-03-2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar