A parapsicoloxía é unha pseudociencia que estuda oos fenómenos paranormais (como a percepción extrasensorial, telecinesia, telepatía, precognición, clarividencia, as experiencias extracorpóreas, o espiritismo e os poltergeist).

As primeiras investigacións parapsicolóxicas empregaron as cartas Zener en experimentos deseñados para tratar de probar a posibilidade de comunicación telepática.

A parapsicoloxía é considerada unha pseudociencia pola comunidade científica, xa que a propia existencia dos fenómenos paranormais non está demostrado cientificamente.[1][2]

Dende o ano 1996, a Fundación Educativa James Randi ofrece a suma dun millón de dólares estadounidenses a quen sexa quen, baixo condicións controladas e supervisadas de laboratorio, demostrar un só fenómeno paranormal como os anteriormente mencionados. Até o de agora ninguén puido facer unha demostración satisfactoria e o premio segue sen ser reclamado.

Todos os traballos sobre parapsicoloxía foron publicados en revistas de asociacións adicadas ó tema, como o Journal of Parapsychology (1959-1968)[3] e o European Journal of Parapsychology (que deixou de publicarse en 2010 por mor da falla de artigos).[4]

Notas editar

  1. Druckman, D., e Swets, J. A. (eds.) (1988). Enhancing human performance: issues, theories and techniques. Washington, DC: National Academy Press. p. 22. ISBN 0-309-07465-7. 
  2. Moulton S. T., Kosslyn S. M. (2008). "Using neuroimaging to resolve the psi debate". Journal of Cognitive Neuroscience 20 (1): 182–192. PMID 18095790. doi:10.1162/jocn.2008.20.1.182. Consultado o 13 de outubro de 2008. 
  3. Journal of Parapsychology.
  4. European Journal of Parapsychology.