Parada da Serra, A Gudiña

parroquia civil do concello da Gudiña

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación[3].

Parada da Serra
Igrexa parroquial
ConcelloA Gudiña[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°02′22″N 7°14′49″O / 42.039516666667, -7.2469972222222Coordenadas: 42°02′22″N 7°14′49″O / 42.039516666667, -7.2469972222222
Poboación33 hab. (2015)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Veiga de Nostre (en Parada da Serra, Castrelo do Val), forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.

Patrimonio editar

 
Brazalete da Urdiñeira.
 
Pulseira da Urdiñeira.

Xunto a Parada, ao pé da cova das Choias, apareceu en 1921 o tesouro da Urdiñeira[4], datado no final da Idade de Bronce[5]. Está composto por un brazalete e unha pulseira de ouro, xunto cun botón de cobre. Foi atopado pola pegureira Xosefa Gago Fernández, e o cura de Parada vendeullo ao coleccionista Ricardo Blanco-Cicerón a través de Cándido Cid Rodríguez, procurador da diocese de Ourense. O botón ficou no Museo Arqueolóxico de Ourense, e as dúas pezas de ouro foron mercadas por Álvaro Gil Varela, e finalmente polo Museo Provincial de Lugo.

As pezas de ouro foron feitas coa técnica da cera perdida, e están adornadas con figuras xeométricas[6]. O botón, segundo López Cuevillas podería interpretarse como disco solar.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  3. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa". 
  4. Romero Cerdeiriña, Á. (25 de xullo de 1926). "Notas pra un estudo da Urdiñeira". Nós (31). pp. 36–41. 
  5. Macías, M. (1921). "Importante hallazgo arqueológico". Boletín da Comisión de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense IV (140): 335–336. 
  6. Balseiro García, A. (2003-2004). "A ourivería na Idade do Bronce". Boletín do Museo Provincial de Lugo 1 (11): 33–51. ISSN 0212-8438. 
  7. Comendador Rey, B. (Febreiro 2009). "Botón da Urdiñeira" (PDF). Peza do mes (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Parada da Serra editar

Lugares da parroquia de Parada da Serra no concello da Gudiña (Ourense)

Parada da Serra | A Venda da Capela

Parroquias da Gudiña editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Gudiña

Barxa (San Xoán) | O Canizo (Santa María) | Carracedo da Serra (Santiago) | A Gudiña (San Martiño e San Pedro) | Parada da Serra (San Lucas) | Pentes (San Mamede) | San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo) | O Tameirón (Santa María)


Véxase tamén editar

Outros artigos editar