Panzer II é o nome común usado para unha familia de carros de combate alemáns empregados na segunda guerra mundial. A designación oficial alemá era Panzerkampfwagen II (abreviado como PzKpfw II).

Panzer II
Tipocarro lixeiro
OrixeAlemaña
En servizo1936 - 1945
GuerrasSegunda guerra mundial
Deseñado1934
FabricanteMAN SE, Daimler-Benz, FAMO, Henschel & Sohn, Krauss-Maffei Wegmann, Alkett e MIAG
Producido1935 - 1943
Construídos1.856
Lonxitude4.8 metros
Anchura2.2 metros
Altura2.0 metros
editar datos en Wikidata ]

Aínda que o vehículo foi orixinalmente deseñado como un recurso provisional mentres se desenvolvían carros máis grandes e avanzados, while larger, este pasou a xogar un importante papel nos primeiros anos da guerra, durante as campañas de Polonia e Francia. O Panzer II foi o carro máis numeroso nas divisións Panzer e foi tamén usado tanto no norte de África contra os británicos, como na fronte leste contra a Unión Soviética.

O Panzer II foi complementado polos Panzer III e IV cara 1940/1941. A partir de entón, empregouse con grande éxito como carro de recoñecemento. Cara finais de 1942 foi retirado en gran parte da liña de fronte e usouse para o adestramento e en frontes secundarios. A fabricación do Panzer II rematou en 1943, pero o seu chasis seguiu sendo usado como base para varios vehículos blindados, principalmente para artillaría autopropulsada e cazacarros como o Wespe e o Marder II.