Os Panteras Grises (en inglés Gray Panthers) é unha organización estadounidense defensora dos dereitos das persoas maiores fundada por Maggie Kuhn, en 1970, como reacción ao seu retiro forzoso. O nome e a inspiración están tomadas da organización afroamericana dos Panteras Negras.

Relacionado cos movementos polos Dereitos Civís, loitou entre outras cousas pola mellora do sistema sanitario e a necesidade da educación pública ao longo de toda a vida. Acolleron tamén no seu ideario a loita polos dereitos dos traballadores, así como un compromiso ecoloxista e pacifista, comprometéndose politicamente contra a Guerra do Vietnam.

A organización combateu a "teoría do desarraigo", que implica que a unha idade avanzada é necesaria unha separación do resto da sociedade como preludio da morte. Ao mesmo tempo criticaron a tendencia xeral da xerontoloxía que identificaba ás persoas maiores como incapaces e como unha carga económica para a sociedade. Ao mesmo tempo levaron a polémica á sociedade estadounidense cando Maggie Kuhn se atreveu a tratar abertamente o tema da sexualidade na xente de idade avanzada.

Ligazón externa editar

Véxase tamén editar