O panteísmo[1] é a crenza de que absolutamente todo e todos compoñen un Deus abranguente, e inmanente,[2] ou que o universo (ou a natureza) e Deus son idénticos.[3] Sendo así­, os adeptos desta posición non cren nun deus persoal, antropomórfico ou creador. Aínda que existan diverxencias dentro do panteísmo, as ideas principais din que Deus se atopa en todo o cosmos como unha unidade abranguente e polo tanto é inaceptábel no panteísmo o politeísmo (adoración e crenza en varios deuses), pois as divindades son tidas como aspectos distintos do absoluto.[4]

Luminaries of Pantheism, de Levi Ponce, mural en Venice, California para The Paradise Project.

O panteísmo foi popularizado na cultura occidental tanto como unha teoloxía canto unha filosofí­a baseada na obra de Baruch de Spinoza,[5] que escribiu o tratado Ética,[6] unha resposta á famosa teoría de Descartes sobre a dualidade do corpo e do espírito.[7] Spinoza declarou que ambos eran a mesma cousa, e este monismo terminou sendo unha calidade fundamental da súa filosofí­a. El empregaba a palabra "deus" para describir a unidade de calquera substancia. Aínda que o vocábulo "panteísmo" non fose inventado durante o seu tempo de vida, hoxe Espinosa é considerado como un dos máis célebres defensores da crenza.[8] Unha ida panteísta tamén foi asumida polo filósofo e cosmólogo do século XVI Giordano Bruno.[9]

Etimoloxía editar

A palabra derívase do grego pan (que significa "todo") e theos (que significa "deus").[10] A primeira vez que apareceu o vocábulo en latín foi na obra de 1697 escrita por Joseph Raphson titulada De Spatio Reali seu Ente Infinito,[11] en que se refire ao "pantheismus" de Spinoza e outros.[12]

Relación con outras doutrinas editar

De entre as doutrinas occidentais, o panteísmo é unha das que máis se aproxima ás filosofías orientais como o budismo, o xainismo, o taoísmo e o hinduísmo. É tamén a liña filosófica que máis se achega á filosofía hermética do antigo Exipto, onde o principal obxectivo é facer parte da conspiración universal (ou conspiración cósmica).

Panteísmo e panenteísmo editar

No panteísmo, Deus ten tamaño igual ao universo. En cambio, no panenteísmo, Deus está dentro do universo, mais existe tamén fóra del.[13]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panteísmo.
  2. Encyclopedia of Philosophy ed. Paul Edwards. Nova York: Macmillan and Free Press. 1967. p. 34.
  3. The New Oxford Dictionary Of English. 11ª edición. Oxford: Clarendon Press. 1998. p. 1341.
  4. "O que é panteísmo?". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 2012-02-28. 
  5. Picton, James Allanson (1905). Pantheism: its story and significance. Chicago: Archibald Constable & CO LTD.. ISBN 978-1419140082.
  6. Lloyd, Genevieve (2 de outubro de 1996). Routledge Philosophy GuideBook to Spinoza and The Ethics. Routledge Philosophy Guidebooks (1.ª ed.). Routledge. p. 24. ISBN 978-0-415-10782-2. 
  7. Plumptre, Constance (1879). General sketch of the history of pantheism, Volume 2. Londres: Samuel Deacon and Co. pp. 3–5, 8, 29. ISBN 9780766155022.
  8. Shoham, Schlomo Giora (2010). To Test the Limits of Our Endurance. Cambridge Scholars. pp. 111. ISBN 1443820687.
  9. Birx, Jams H. (11 de novembro de 1997). "Giordano Bruno". Mobile, AL: The Harbinger. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019. Consultado o 02 de xaneiro de 2021. Bruno was burned to death at the stake for his pantheistic stance and cosmic perspective. 
  10. Bogdanski, Tomasz; Elizalde, Erika Pamela Santana; UNID, Editorial Digital (12 de maio de 2014). Fe y mundo contemporáneo (en castelán). Editorial Digital UNID. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  11. Ann Thomson, Bodies of Thought: Science, Religion, and the Soul in the Early Enlightenment, 2008, páxina 54.
  12. Taylor, Bron (2008). Encyclopedia of Religion and Nature. A&C Black. pp. 1341–1342. ISBN 978-1441122780. Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  13. John Culp (19 de maio de 2009). "Panentheism". The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Stanford, CA page=: Stanford University. "Peacocke identifies his understanding of God's relation to the world as panentheism because of its rejection of dualism and external interactions by God in favor of God always working from inside the universe. At the same time, God transcends the universe because God is infinitely more than the universe".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar