Pandora (ou en grego Πανδώρα) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 26.[3] A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Pandora, extraído da mitoloxía grega.[4] Tamén é coñecida coma Saturno XVII.[5]

Pandora
Imaxe de Pandora tomada pola Cassini
Descubrimento
Descuberta por Collins, Voyager 1
Descuberta no outubro de 1980
Designación alternativa Saturno XVII
Características orbitais[1]
Época 31 de decembro do 2003 ( 2453005,5 XD)
Eixo semi-maior 141.720 ± 10 km
Excentricidade 0,0042
Período orbital 0.628504213 días
Inclinación 0,050 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 103 × 80 × 64 km [2]
Radio medio 40,3 ± 2,2 km [2]
Área superficial ~21.000 km2
Volume ~270.000 km3
Masa 1,356 ± 0,022 x 1017 kg [1]
Densidade media 0,49 ± 0,08 g/cm³
Gravidade superficial ~0,0034 m/s²
Velocidade de escape ~0,019 km/s
Período de rotación sincrónica
Albedo 0,6
Oblicuidade cero
Temperatura ~78 K

Pandora actúa coma lúa pastor da parte exterior do anel F. Está máis craterizado ca súa veciña Prometeo, e posúe dous cráteres que andan ó redor dos 30 kms de diámetro.[6]

A órbita de Pandora é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Prometeo. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos,[1] cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Pandora tamén está en nunha resonancia de 3:2 con Mimas.[1]

A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Pandora é un corpo xeado moi poroso.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 28 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768. 
  3. IAUC 3532: Satellites of Saturn 31 de outubro de 1980 (descubrimento)
  4. IAUC 4157: Satellites of Saturn and Pluto 3 de xaneiro de 1986 (bautizando a lúa)
  5. USGS Astrogeology, ed. (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 07-08-2006. 
  6. "NASA JPL Solar System Exploration: Saturn: Moons: Pandora". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 28 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Pandora at NASA's Solar System Exploration
  • Pandora at The Planetary Society