Pallene ( en grego Παλλήνη)é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.

Pallene

Imaxe do descubrimento de Pallene
Descubrimento
Descuberta por Equipo de imaxes da sonda Cassini
Descuberta no 1 de xuño do 2004
Designación alternativa Saturno XXXIII
Características orbitais[1]
Época 20 de xuño do 2004 (DX 2453177,5)
Eixo semi-maior 212.280 ± 5  km
Excentricidade 0,0040
Período orbital 1,153745829 d
Inclinación 0,1810 ± 0,0014° respecto do ecuador de Saturno
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio ≈ 4 km
Masa 1,7 - 7 x 1013 kg[2]
Densidade media descoñecida
Gravidade superficial descoñecida
Período de rotación asumida coma sincrónica
Albedo descoñecido
Oblicuidade descoñecida

Foi vista por primeira vez durante a misión da Cassini-Huygens polo Equipo de imaxes da Cassini[3][4] no ano 2004, e recibiu a designación temporal de S/2004 S 2. En realidade foi vista por primeira vez o 23 de agosto de 1981 pola Voyager 2 nun única fotografía e recibiu a designación provisional de S/1981 S 14 e a súa distancia respecto de Saturno foi estimada en 200.000 km.[5] Dende entón non fóra vista en máis imaxes e a súa órbita non puido ser calculada pero recentes comparacións deron coma resultado que aquel corpo non identificado é en realidade Pallene.[1] Pallene tamén é coñecida coma Saturno XXXIII.

Pallene está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Encelado, aínda que o efecto non é tan notorio coma os efectos de Mimas sobre Methone. Isto causa unha perturbación orbital no semi-eixo maior duns 4 kms de variación respecto da lonxitude do citado semi-eixo, se este non estivese perturbado, e ademais 0,02° na lonxitude (que corresponden aproximadamente a 75 kms). A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,002 e 0,006 para a excentricidade e entre 0,178° e 0,184° para a inclinación.[1] A proximidade ás órbitas de Methone e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.

Os nomes de Methone e Pallene foron provisionalmente aprobados pola 3ª División do Grupo de Traballo para o Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI no ano 2005[6] e foron ratificados pola Asemblea Xeral de UAI no ano 2006. Pallene era unha das sete fillas do xigante Alcioneo.

O Anel de Pallene, é un feble anel de po, descuberto tamén polo Equipo de Imaxes da Cassini,[7] o cal comparte a órbita de Pallene, coma así revelan a imaxes tomadas pola Cassini da luz dispersa deste anel no 2006.[8] O anel ten unha extensión radial duns 2.500 km. A fonte do son as partículas arrincadas de Pallene polo impacto de micrometeoritos, o cal forma un anel moi difuso ó redor e o longo da ruta da órbita de Pallene.[9][10]

Referenciass editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Spitale, J. N.; et al. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. 
  2. asumindo unha densidade de 0,5 - 2 g/cm³
  3. * C.C. Porco, et al., IAUC 8389: S/2004 S 1 and S/2004 S 2 16 de agosto do 2004 (descubrimento)
  4. Porco, C. C.; e o seu equipo.; (2005); Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713, pp. 1226-1236
  5. IAUC 6162: Possible Satellites of Saturn Arquivado 22 de abril de 2000 en Wayback Machine. 14 de abril do 1995
  6. IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (nomeando a lúa)
  7. C.C. Porco, et al., IAUC 8759: Rings of Saturn (R/2006 S 1, R/2006 S 2, R/2006 S 3, R/2006 S 4) (so accesible con subscrición) 11 de outubro do 2006
  8. "Moonmade Rings". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2010. 
  9. Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings Arquivado 16 de outubro de 2006 en Wayback Machine., 11 de outubro do 2006
  10. Nos anuncios de prensa mencionábase á primeira persoa que avistara a lúa nas imaxes da Cassini. Aínda que algunhas fontes sinalaban ó descubridor, isto volveríase trivial ó longo dos seguintes meses xa que o descubrimento era froito dun traballo de equipo, con decenas de persoas implicadas e centos de horas de traballo colaborativo, nunha decisión consciente e a tenor dos datos, bastante correcta, a UAI outorgoulle a oficialidade do descubrimento ó "Equipo de Imaxes da Cassini".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar