A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu.[2] Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe, xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que as converte en grandes atraccións turísticas, así como as compañías internacionais que buscan oportunidades de desenvolvemento.[3]

Palawan
Localización de Palawan
Unha praia de Palawan
Situación
País Filipinas
ProvinciaPalawan
ArquipélagoIllas Filipinas
MarMar da China Meridional, Mar de Sulu
Coordenadas9°30′N 118°30′L / 9.500, -118.500
Xeografía
Superficie12.188´6[1] km²
Longura máxima425 km.
Largura máxima40 km.
Perímetro1.354´1 km.
Punto máis alto2.085 m. Monte Mantalingahan
Demografía
CapitalPuerto Princesa (pob. 255.116)
Poboación886.308 (2015)
Densidade72´7 hab./km²

Xeografía editar

Toda a lonxitude da illa forma unha cordillera, cunha altitude máxima de 2085 m en Monte Mantalingajan. Outros picos significativos son o Monte Gantung en Batazara e o Pico Vitoria 1726 m. en Narra.

A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO.

 
Entrada dun río subterraneo en Palawan.

Historia editar

A illa foi o escenario da batalla de Palawan en 1945. Unha ducia de navíos xaponeses atópanse afundidos entre 10 e 43 metros de profundidade preto das súas costas e das illas próximas, como Busuanga e Coron[4]..

Notas editar

  1. "Islands of Philippines". Island Directory. United Nations Environment Programme. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  2. C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea
  3. Keenan, Jillian. "The Grim Reality Behind the Philippines' Economic Growth". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2017-02-27. 
  4. http://www.coronwrecks.com/sites.htm#fishing_boat

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar