Padornelo, Lubián
Padornelo é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Municipio | Lubián | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.325 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49574 | |||
Atópase situado na bisbarra de Seabra, e dentro dela na sub-bisbarra chamada As Portelas. Forma parte da área galegofalante da provincia de Zamora.
Topónimo editar
Pode pórse en relación co moi estudado topónimo Padrón, variante de 'pedrón', talvez influído por 'padre', e cuxo significado debe de ser coincidente: pedra delimitadora, mouteira, miliario, menhir, e nalgún caso, roca natural destacada. No contexto deste lugar, a famosa portela que atalla alí a serra dando paso á "malísima verea de Benavente a Ourense" (Madoz), sería dende época protohistórica un lugar de deslinde. De aí que caiba inclinarse pola interpretación arqueolóxica do nome do lugar, como alusión a unha pedra de delimitación xurisdiccional, probablemente antiquísima.[1][2][3]
Xeografía editar
É unha localidade da provincia de Zamora. Está situado ao oeste do porto que leva o seu mesmo nome (Portela do Padornelo, situada a 1360 m), entre as montañas da Serra Gamoneda e da Serra Segundeira [4].
O lugar ten clima de montaña, con veráns suaves e invernos duros e fríos, podendo a temperatura baixar dos -10 °C.
Demografía editar
A súa localización, a 1.325 msnm, levou a que os seus edificios se distingan por un carácter sinxelo e sobrio, cos que combater as inclemencias climáticas ás que se ve sometido no inverno.
As nevadas invernais poden ser moi intensas (a neve pode chegar a ter máis de 1,5 m de espesor), podendo esmagar arbustos e árbores pequenas ou cubrir muros e rúas enteiras.
De entre os seus edificios sobresae a igrexa, en especial a súa espadana.
Moi preto do lugar atópase unha cheminea de ventilación de 240 m de profundidade que comunica o exterior co túnel ferroviario de Padornelo (aínda coñecido nalgunhas zonas da bisbarra como "Túnel 12").
Padornelo na cultura popular editar
Notas editar
- ↑ Riesco Chueca, Pascual ?Medio natural e poblamiento na toponimia maior de Zamora? Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine., Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo", Deputación de Zamora, p. 449-500.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (1992) Vos nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e ou seu significado, Edicións Xerais de Galicia, Vigo; p. 326.
- ↑ Moralejo Lasso, A. (1977) Toponimia galega e leonesa, Santiago de Compostela, p.321, nota 13.
- ↑ "Lubián". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, pxs. 122 e 255 (nota 573). A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz da Portela de Padornelo, que é de pedra e está a pouca distancia da entrada en Galicia, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían por primeira vez á sega a Castela eran obxecto dunha novatada nesta cruz: os veteráns dicíanlles aos novatos que se querían saber o que estaba a ocorrer neses intres na súa casa, tiñan que achegar a súa cabeza onda a Cruz; cando iso facían dábanlles unha zoupada contra ela. Cando viñan de volta da sega en Castela, deixaban a fouce como exvoto no Santuario da Tuiza, tamén en Lubián.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, p. 126.