Pacios de Veiga, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón

lugar da parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón

Pacios de Veiga é un lugar pertencente á parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 con 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres), repartidos en tres lugares: O Corral, O Lugar e Pigüeiro.

Pacios de Veiga

Igrexa de Pacios de Veiga
ParroquiaA Ferreirúa
ConcelloA Pobra do Brollón
Coordenadas42°36′32″N 7°24′01″O / 42.608888888889, -7.40025Coordenadas: 42°36′32″N 7°24′01″O / 42.608888888889, -7.40025
Poboación51 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Pacios de Veiga está atravesado polo río Cabe e aínda se conservan numerosos muíños antigos de moer cereais.

Historia editar

Do seu pasado importante quedan vestixios na Casa Prior. O mosteiro da Madalena de Sarria tivo nesta aldea unha granxa e un convento da orde dos cóengos regulares de Santo Agustín, frades que se dedicaban a producir viño.

Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar[1] en 1850 a aldea pertencía á parroquia de Santalla de Rei, así como as súas dúas serras: a de Pacios e a de Portocabe.

Patrimonio artístico editar

  • Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga, do ano 1710, situada no lugar de Pigüeiro. Posúe unha escultura de pedra de Santa Eufemia, de 80 quilos de peso.
  • Muíños de Seara, Ramiro e Vila, todos eles no río Cabe.

Festividades editar

  • Festas de San Froilán, celébranse o primeiro domingo de outubro.

Lugares e parroquias editar

Lugares da Ferreirúa editar

Lugares da parroquia da Ferreirúa no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

A Barxa | O Corral | A Ferreirúa de Abaixo | Marcón | Pacios de Veiga | O Pumar | Valdolide

Parroquias da Pobra do Brollón editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Véxase tamén editar

Notas editar


Ligazóns externas editar