Pablo Santos

actor mexicano

Pablo Santos, nado en Monterrey (Nuevo León) o 9 de xaneiro de 1987 e finado preto de Toluca o 15 de setembro de 2006[1], foi un actor mexicano.

Infotaula de personaPablo Santos
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1987 Editar o valor em Wikidata
Monterrey, México Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Toluca de Lerdo, México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
RelixiónCiencioloxía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1179675 Allocine: 104487 Allmovie: p343174
Find a Grave: 15769689 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos 12 anos trasladouse a vivir coa súa familia os Ánxeles nos Estados Unidos. En 2000 comezou a interpretar papeis secundarios no cine e a televisión, a súa máis importante participación foi como o fillo da familia mexicanoamericana protagonista de Greetings from Tucson, que se transmitiu na canle WB de 2002 a 2003.

Despois de rematar a serie apareceu no filme Party Animalz (2004) e nas series Law & Order: Special Victims Unit e Boston Public. Era membro da Igrexa da Ciencioloxía[2].

O 15 de setembro de 2006, Santos morreu nun accidente aéreo preto do aeroporto de Toluca cando viaxaba de Monterrey a Acapulco para celebrar o Día da Independencia Mexicana con seis amigos nunha avioneta, unha Piper Malibu Mirage PA 46, que se estrelou mentres intentaba unha aterraxe de emerxencia.

Filmografía editar

  • Resurrection Boulevard (serie de TV, 2000). Episodio "Comenzando de nuevo"
  • The Weeping Woman of the River (2000)
  • Alias (serie de TV, 2001). Episodio "Doppelgänger"
  • The Shield (serie de TV, 2002). Episodio "Crash Boom Love" partes 1 e 2
  • American Family (serie de TV, 2002). Episodio "Journey of Dreams"
  • The Proud Family (2003) (serie de TV)
  • Jeremiah (serie de TV, 2002). Episodio "Red Kiss"
  • Cojones (2002)
  • Greetings from Tucson (serie de TV, 2002)
  • Law & Order: Special Victims Unit (serie de TV, 2002). Episodio "Angels"
  • Boston Public (serie de TV, 2003). Episodio 1: "Chapter Sixty Seven"
  • Party Animalz (2004)
  • Shackles (2005)
  • Sea of Dreams (2005)
  • Walkout (2006)
  • Gettin' Some Jail Time (2006)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar