Pablo Iglesias Posse

político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT)

Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión General de Trabajadores (UXT).

Infotaula de personaPablo Iglesias Posse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1925 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturamausoleo de Pablo Iglesias 40°25′18″N 3°38′09″O / 40.421583, -3.635744
Cemiterio Civil de Madrid Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
10 de xuño de 1910 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Madrid

Concelleiro de Madrid
1905 – 1910
Presidente do Partido Socialista Obreiro Español
25 de agosto de 1888 – 9 de decembro de 1925
← sen valor – Julián Besteiro → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaMarxismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcción Socialista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmparo Meliá (1921–1925) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 274828 Dialnet: 5554042 Find a Grave: 11816436 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación e primeiros anos editar

Fillo de Juana Posse, Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán máis novo Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) a Madrid. Alí a súa nai vivía pedindo esmola, polo que debido á falta de fondos foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.

Fundación do PSOE editar

Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) asistíu a unha serie de charlas en Madrid, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar, na clandestinidade, un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.

 
Pablo Iglesias en Vigo, con Heraclio Botana, nunha visita do fundador do PSOE e a UGT.

En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.

O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.

Fundación de UXT editar

En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.

En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e Rafael García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.

 
Monólito na honra de Pablo Iglesias no Cantón de Molíns (Ferrol).

Primeiro deputado da historia do PSOE editar

En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid. En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión. En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes. En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.

Escisión ideolóxica do partido editar

En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.

O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.[Cómpre referencia]

O seu pensamento editar

"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Predecesor:
Luis Zurdo
 Presidente da UGT 
1889 - 1925
Sucesor:
Julián Besteiro
Predecesor:
Ninguén (fundador)
 Presidente do PSOE 
1879 - 1925
Sucesor:
Julián Besteiro