Pablo Hernández de Cos

economista español

Pablo Hernández de Cos, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1971, é un economista español que exerceu como gobernador do Banco de España dende o 11 de xuño de 2018. Con 47 anos no momento do nomeamento, converteuse no gobernador máis novo dende José Ramón Álvarez Rendueles, que fora nomeado gobernador con 38 anos de idade en 1978. Dende 2019, tamén preside o Comité de Basilea.[1]

Infotaula de personaPablo Hernández de Cos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lista de gobernadores do Banco de España Banco de España
11 de xuño de 2018 –
← Luis María Linde Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónIESE Business Schoo - curso (pt) Traducir (2009–2009)
Universidade Complutense de Madrid - Phd in economics and business management (en) Traducir (–2004)
Universidad Nacional de Educación a Distancia - licentiate degree in law (en) Traducir (1989–1994)
CUNEF Universidad (en) Traducir - Llicenciate in Business Management and Economic Sciences (en) Traducir (1989–1993) Editar o valor em Wikidata
Director de teseJosé Manuel González Paramo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 346492

Traxectoria editar

Licenciouse en 1993, en Ciencias Económicas e Empresariais na Facultade de Estudos Financeiros (CUNEF); o ano seguinte, licenciouse en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e, en 2004, conseguiu o doutoramento en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense, cunha tese dirixida por José Manuel González-Páramo.[2] En 2009, realizou un programa executivo na IESE Business School da Universidade de Navarra.[3][4] Tamén foi profesor asociado no Departamento de Economía da Universidade Carlos III de Madrid e no Instituto de Empresas (IE).

En 1997 incorporouse ao Banco de España como economista titulado do Servizo de Estudos do Banco de España. Entre 2004 e 2007 foi asesor do consello executivo do Banco Central Europeo. Dende o 1 de outubro de 2015, foi director xeral da Dirección Xeral de Economía e Estatística do organismo trala dimisión de Luis Malo de Molina, que ocupaba o cargo desde 1992.[5]

O 28 de maio de 2018, foi proposto polo goberno español para o cargo de gobernador do Banco de España,[6][4] e o 30 de maio foi nomeado no cargo con efecto o 11 de xuño;[7][8] datas nas que prometeu o cargo perante o rei Filipe VI nun acto celebrado no Palacio da Zarzuela.[9] O seu nomeamento foi unha das últimas decisións do Goberno de Mariano Rajoy, con anterioridade á moción de censura que se aprobou ao día seguinte e supuxo o cambio de goberno.[9] Esta manobra foi criticada por un sector do Banco de España[10] e pola oposición (PSOE[11] e Unidos Podemos).[12][13] Por outro lado, Cidadáns non reaccionou negativamente ao nomeamento, aínda non se seguiu a súa proposta de procedemento.[3][12]

A prensa destacou o seu perfil técnico, sen pasado político.[2][14][15] O Ministerio de Economía, tras o anuncio do seu nomeamento, destacou que "é un excelente candidato para o cargo de gobernador debido á súa gran formación técnica, en particular en materia bancaria e monetaria; a súa independencia política; e a súa experiencia e prestixio para o Banco de España e o Banco Central Europeo".[3] Unidos Podemos describiuno como "un falcón, pero cun perfil técnico impecable e polo menos coñece a economía".[3]

Membro de organismos editar

Hernández de Cos é membro do Consello de Estatística de España, do Padroado do Centro de Estudos Monetarios e Financeiros (CEMFI) e do Padroado e do Comité Executivo da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA).[14]

Notas editar

  1. Barrón, Íñigo de (7-3-2019). "El Gobernador del Banco de España presidirá el comité de Basilea". elpais.com (en castelán). Consultado o 25-10-2019. 
  2. 2,0 2,1 Sánchez, Carlos (29-5-2018). "Quién es Pablo Hernández de Cos, el nuevo gobernador del Banco de España". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 22-10-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Barrón, Íñigo de; Noceda, Miguel Ángel (24-5-2018). "El Gobierno propone a Hernández de Cos como gobernador del Banco de España". elpais.com (en castelán). Consultado o 22-10-2019. 
  4. 4,0 4,1 Blázquez, Pilar (28-5-2018). "Rajoy apuesta por el perfil técnico de Hernández de Cos para Gobernar el Banco de España". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 22-10-2019. 
  5. "Uno de los sabios de la reforma fiscal de Montoro, nuevo director del servicio de estudios del Banco de España". eldiario.es (en castelán). 15-9-2015. Consultado o 22-10-2019. 
  6. "Rajoy elige a un hombre del Banco de España para sustituir a Linde". cincodias.elpais.com (en castelán). 29-5-2018. Consultado o 22-10-2019. 
  7. "Real Decreto 351/2018, de 30 de mayo, por el que se nombra Gobernador del Banco de España a don Pablo Hernández de Cos." (PDF). boe.es (en castelán). Nº 132. 31-5-2018. p. 56.494. Consultado o 22-10-2019. 
  8. Gonzalo Alconada, Ángeles (31-5-2018). "El Gobierno acelera y nombra a Hernández de Cos vía real decreto". cincodias.elpais.com. Consultado o 22-10-2019. 
  9. 9,0 9,1 "El nuevo gobernador del Banco de España toma posesión ante el Rey". elpais.com (en castelán). 11-6-2018. Consultado o 25-10-2019. 
  10. Estévez Torreblanca, Marina (4-6-2018). "Críticas de un sector del Banco de España por la designación de Hernández de Cos en vísperas de la moción de censura". eldiario.es (en castelán). Consultado o 25-10-2019. 
  11. Valls, Fernando H. (30-5-2018). "El PSOE amenaza con tumbar la elección de Hernández de Cos si ganan la moción". lainformacion.com (en castelán). Consultado o 25-10-2019. 
  12. 12,0 12,1 Veloso, Moncho (29-5-2018). "El Congreso no ve tachas a Hernández de Cos, pero critica el proceso de elección del gobernador". abc.es (en castelán). Consultado o 25-10-2019. 
  13. Larrouy, Diego (29-05-2018). "La oposición ve "poco democrático" proponer un candidato al Banco de España "a 48 horas" de la moción de censura". eldiario.es (en castelán). Consultado o 25-10-2019. 
  14. 14,0 14,1 "Hernández de Cos: un técnico con experiencia en el BCE para sustituir a Linde en el Banco de España". eldiario.es (en castelán). 28-5-2018. Consultado o 25-10-2019. 
  15. Gonzalo Alconada, Ángeles (28-5-2018). "Hernández de Cos, un doctor en economía de 47 años y con un perfil muy técnico". cincodias.elpais.com. Consultado o 25-10-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar