Pablo Echenique

Político español de Aragó

Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina.[1] En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón[2] e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España.[3] Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos. Actualmente é deputado nas Cortes Xerais, logo de ter sido elixido nas eleccións xenerais de 2019.

Infotaula de personaPablo Echenique

Echenique no 2015.
Nome orixinal(es) Pablo Echenique-Robba Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1978 (45 anos)
Rosario, Arxentina
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Unidas Podemos

3 de decembro de 2019 – xullo de 2023

Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
3 de decembro de 2019 – xullo de 2023

Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

Electo en: Q69822712 Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
9 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

Member of the Cortes of Aragon (en) Traducir
18 de xuño de 2015 – setembro de 2017
Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

General secretary of Podemos Aragón (en) Traducir
14 de febreiro de 2015 – 13 de setembro de 2017
← sen valor – Nacho Escartín →
Eurodeputado
Representa: Podemos

1 de xullo de 2014 – 14 de marzo de 2015 – Estefanía Torres Martínez →
Circunscrición electoral: España

Datos persoais
ResidenciaZaragoza
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónCientífico titular no Instituto de Química Física Rocasolano do CSIC e colaborador extraordinario no departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas, staff scientist (en) Traducir (2009–)
Consello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos (2014–)
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Alejandra Nelo Bazán

IMDB: nm7109892 Facebook: pablo.echenique Twitter: PabloEchenique Instagram: pablo_echenique_ Telegram: PabloEchenique Youtube: UC1BJcZDu6BHaZtYGz7g8NEw Dialnet: 3829541 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mudouse a Aragón cando tiña 13 anos e estabeleceuse en Zaragoza coa súa nai Irma e a súa irmá Analía. Sofre atrofia muscular espiñal —unha doenza hereditaria e dexenerativa— dende que era pequeno.[4] Por mor diso, ten unha discapacidade do 88 % e móvese en cadeira de rodas. A súa discapacidade foi unha das razóns polas que a súa familia emigrou a Aragón na procura de maiores oportunidades. O 9 de agosto de 2012 casou con María Alejandra Nelo Bazán, venezolana á que coñeceu na universidade cando ela estudaba o doutoramento.[1]

Traxectoria científica editar

Echenique licenciouse en Ciencias Físicas no 2002 e obtivo o doutoramento na Universidade de Zaragoza no 2006 coa tese A bottom up physical approach from small peptides to proteins.[5] Investigou cunha bolsa posdoutoral no Instituto de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos da Universidade de Zaragoza. No 2008, obtivo o premio "Romper Barreras" pola adaptación do seu despacho na universidade.[6] Dende 2009, é científico titular do CSIC no Instituto de Química Física Rocasolano. Tamén é colaborador extraordinario do departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza.[4]

Traxectoria política editar

Durante un breve período, estivo afiliado a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía.[7] Logo da fundación de Podemos en xaneiro de 2014, Pablo Echenique uniuse ó novo partido,[8] participando na creación do Círculo Discapacidade,[9] e presentándose como candidato nas primarias para elixir a lista nas eleccións europeas.[10] Os resultados deron a Podemos cinco cadeiras, grazas ó cal Echenique foi elixido eurodeputado.[11] En febreiro de 2015, foi elixido primeiro Secretario Xeral de Podemos en Aragón en primarias abertas e é deputado nas Cortes de Aragón dende o 18 de xuño de 2015. En outubro de 2017, foi substituído na secretaría xeral de Podemos-Aragón por Nacho Escartín.[12]

En 2017 a Inspección de Traballo impúxolle unha multa de 3.126 euros por non dar de alta a un asistente, 2.000 polas cotas defraudadas á Seguridade Social e 1.470 máis de recargas[13].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mucha, Martín (1 de xuño de 2014). "El otro Pablo de Podemos". Crónica de El Mundo. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  2. Riveiro, Aitor. "Luis Alegre gana Madrid por la mínima y Echenique barre en Aragón en las primarias de Podemos". eldiario.es. Consultado o 13-01-2018. 
  3. Manetto, Francesco (02-04-2016). "Echenique, elegido por unanimidad número tres de Podemos". elpais.com. Consultado o 13-01-2018. 
  4. 4,0 4,1 Materia, [1] Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine. consultado 4/12/2015
  5. Universidade de Zaragoza [2] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. consultado 4/12/2015
  6. Heraldo de Aragón [3] consultado 4/12/2015
  7. "Yo antes era neoliberal, lo confieso. Cascao y neoliberal". Blog "De retrones y hombres". 05-08-2013. Consultado o 13-01-2018. 
  8. heraldo.es [4] consultado 4/12/2015
  9. eldiario.es [5] consultado 4/12/2015
  10. youtube [6] consultado 4/12/2015
  11. Ficha do Parlamento Europeo [7] consultado 4/12/2015
  12. "Nacho Escartín sustituye a Echenique como secretario general de Podemos Aragón". eleconomista.es. 05-10-2017. Consultado o 13-01-2018. 
  13. Pablo Echenique sólo tendrá que abonar 7.000 euros de multa por pagar en negro a su asistente elconfidencialdigital.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar