Pablo Crespo

empresario e político galego

Pablo Crespo Sabarís, nado en Pontevedra o 26 de agosto de 1960[1], é un empresario e expolítico galego condenado polo caso Gürtel.

Infotaula de personaPablo Crespo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Pablo Crespo Sabarís Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Crespo Alfaya Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do tamén empresario Manuel Crespo Alfaya, que promovera a Festa do Marisco do Grove e que, como militante de Alianza Popular e despois do Partido Popular, traballara na Xunta de Galicia ás ordes do vicepresidente Mariano Rajoy. Pablo Crespo traballaba a comezos da década dos noventa nunha oficina de banca en Vilagarcía de Arousa. Militante do Partido Popular de Galicia e presidente desta formación na vila arousá (1996-1999), despois de ocupar diversos cargos de confianza de Xosé Cuíña (secretario da xunta directiva provincial de Pontevedra de 1994 a 1996), en 1995 foi nomeado secretario de organización do PP, en substitución de Xoán Manuel Diz Guedes. Nas eleccións de 1997 foi escollido como parlamentario nas listas do PP pola circunscrición de Pontevedra, e permaneceu no cargo ata o 15 de setembro de 1998, cando dimitiu para dar entrada no parlamento á política de Ponteareas Nava Castro.

En 2003, logo da dimisión de Xosé Cuíña como secretario xeral do PP, o novo secretario xeral, Xesús Palmou, relevouno do cargo de secretario de organización, pero permaneceu como representante da consellería de Ordenación do Territorio no consello de administración de Portos de Galicia ata o ano 2005.

Como empresario, é presidente da firma Special Events, dedicada á organización de campañas publicitarias, e é ademais administrador único doutras empresas como unha axencia de viaxes. Algunhas desas empresas tiveron contratos coa administración pública que foron investigados xudicialmente e que acabaron coa súa detención en febreiro de 2009[2], a canda catro persoas máis. A raíz da súa detención, o PP comunicou que xa non era militante do partido. En 2017 foi condenado a trece anos e tres meses de prisión e 24 anos e seis meses de inhabilitación. Debe pagar 3,9 millóns de multa por tráfico de influencias, falsidade documental, suborno, malversación e asociación ilícita[3].

Notas editar