Pablo Cancela

xogador de hóckey a patíns galego

Pablo Cancela Moll, nado na Coruña o 3 de agosto de 1988, é un xogador galego de hóckey a patíns que xoga como dianteiro no HC Liceo, da OK Liga.

Infotaula de personaPablo Cancela
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia moi vencellada ao deporte coruñés, sendo fillo de Antonio Cancela (porteiro nos mellores anos do Dominicos), sobriño de Dagoberto Moll Jr (porteiro do Deportivo da Coruña de hóckey entre 1975 e 1979) e neto de Dagoberto Moll (histórico futbolista do Deportivo da Coruña nos anos 50).[1][2] Comezou a práctica do hóckey a patíns no Santa María do Mar da súa cidade natal, na categoría de pre-benxamín en 1992, e permaneceu no club ata 2001, cando pasou á disciplina do Dominicos.

Militou tres anos no club da Cidade Vella da Coruña, os dous primeiros na categoría infantil e o terceiro en xuvenís. Na tempada 2002/03 proclamouse campión de España coa selección de Galiza. Entre o 2004 e o 2007, no seu segundo ano de xuvenil fichou polo Liceo, equipo co que gañou dous campionatos de España júnior (2006 e 2007).

No 2007 pasou a formar parte do cadro de xogarores do Vigo Stick, que daquela militaba na Primeira División. No equipo vigués permaneceu ata a tempada 2009-10, cando fichou polo Patín Cerceda co que xogou na OK Liga. Xogou na temporada 2010-2011 no PAS Alcoi da OK Liga e pasou logo a militar na máxima categoría do hóckey italiano nas filas do Forte dei Marmi. Tras cinco anos no club italiano, nos que gañou tres ligas e unha Supercopa, fichou en 2016 polo Oliveirense portugués. Con este club xogou en 2017 a final de Copa de Europa e gañou a Copa Continental.[3] Xogou tres anos no equipo portugués, gañando ademais a Copa de Portugal en 2019.

Na tempada 2019/20 xogou no AP Follonica, da localidade toscana de Follonica e ao ano seguinte fichou polo Bassano.[4] No verán de 2023, con 35 anos e despois de marcar 30 goles en 32 partidos na tempada anterior, deixou o Véneto e regresou ao Liceo coruñés.[5]

Equipos editar

Palmarés editar

Clubs editar

Selección galega editar

  • 1 Campionato de España júnior: 2006

Selección española editar

  • 2 Campionatos de Europa xuvenís: 2003 e 2004
  • 1 Campionato de Europa júnior: 2006
  • 1 Campionato do Mundo Sub-21: 2007
  • 1 Copa Latina: 2010

Notas editar

  1. "El RC Deportivo homenajea a una de sus grandes leyendas vivas: Dagoberto Moll #LendasBranquiazuis". Deportivo da Coruña (en castelán). 20 de abril de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. Rodríguez, Melissa; G., A. (26 de xuño de 2020). "Pablo Cancela: «Llevé comida de los supermercados a las familias más desfavorecidas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  3. "El coruñés Pablo Cancela, campeón de la Copa Continental" (en castelán). 16 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  4. "Pablo Cancela, en diez equipos". La Opinión A Coruña (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  5. Couce, Iago (12 de xullo de 2023). "Pablo Cancela regresa al Liceo". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar