O PSV Eindhoven, que ten por nome oficial Philips Sport Vereniging, é un club de fútbol da cidade de Eindhoven, nos Países Baixos.

PSV
NomePhilips Sport Vereniging NV
Alcume(s)Boeren
Rood-witten
Red White Army
Fundación31 de agosto de 1913 (110 anos)
EstadioPhilips Stadion,
Eindhoven, Países Baixos
Inauguración15 de xaneiro de 1911
Capacidade35.000
PresidentePaíses Baixos Peter Swinkels
AdestradorPaíses Baixos Phillip Cocu
LigaEredivisie
Eredivisie 2021-2022
Na rede
http://www.psv.nl/
Facebook: PSV Twitter: PSV Instagram: psv Youtube: UC_2ynsXrRrKP8zYrU7Hc06A TikTok: psv Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Foi fundado en 1913 e xoga na Eredivisie da liga neerlandesa de fútbol. É un dos tres "grandes" do fútbol neerlandés, xunto ao Ajax Ámsterdan e o Feyenoord Rotterdam.

Historia editar

Foi fundado oficialmente o 31 de agosto de 1913 ao final dunha gran festa de deporte de Philips, esta festa fíxose coa intención de celebrar a independencia holandesa do dominio francés. O PSV Eindhoven desenvolveuse como club profesional de fútbol e ao longo da súa historia contou con xogadores como Ruud Gullit, Ronald Koeman, Mark van Bommel, Mateja Kežman, Romário, André Ooijer, Ronaldo, Phillip Cocu, Eric Gerets, Jaap Stam, Ruud van Nistelrooy, Arjen Robben, Jefferson Farfán e Patrick Kluivert.

 
Ronald Koeman, figura dos éxitos do PSV Eindhoven nos 80'

O grande éxito do club fundouse a través das achegas de xogadores como Willy van der Kuijlen, os irmáns Van der Kerkhof e January van Beveren, quen gañaron a Copa da UEFA en 1978 ao derrotar na final ao Bastia de Francia. Os éxitos internacionais do PSV volveron no ano 1988 cando, adestrado por Guus Hiddink e cun equipo que contaba con xogadores como Ronald Koeman, Eric Gerets, Soren Lerby e Wim Kieft; o PSV gañou a Copa de Europa derrotando na final ao Benfica de Portugal e deixando no camiño ao francés Girondins de Bordeos e ao Real Madrid. Logo dese triunfo, o PSV Eindhoven xogou a Copa Intercontinental ante o Nacional de Montevideo, que a perdeu ante o club charrúa.

Na actualidade demostra o seu poder tanto nas competicións locais que nas internacionais, aínda que na Liga de Campións da UEFA, o club mostrou unha boa cara, chegando ás semifinais en 2005, caendo por diferenza de goles ante o AC Milan.

 
Primeiro equipo do PSV gañador da liga en 1929.

Nos últimos anos, PSV Eindhoven demostrou ser o mellor equipo da Liga Holandesa, xa que neste período foi o que gañou máis títulos, incluídas 4 ligas consecutivas. Ademais, marcou un fito dentro do fútbol holandés: é o único club en gañar 4 títulos consecutivos de liga en dúas ocasións.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella con franxas verticais brancas, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con cadrados azuis e negros, pantalón negro, medias azuis.

Estadio editar

Artigo principal: Philips Stadion.

O estadio de PSV chámase en neerlandés Philips Stadion e ten capacidade para 35.000 espectadores. Foi inaugurado o mesmo día de fundación do club (31 de agosto de 1913).

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos internacionais editar

Torneos amigables editar

Ligazóns externas editar