PO-308

estrada autonómica galega de Pontevedra á Lanzada (Pontevedra)

A PO-308 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a Ponte da Barca, na Caeira (Poio), até A Lanzada (Sanxenxo), percorrendo a costa norte da ría de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

PO-308
Fito quilométrico da antiga estrada C-550 ao paso da PO-308 por Noalla
Tipoloxíaestrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude28,8 km
Localización
InicioPaseo de Colón (Pontevedra)
FinA Lanzada, Sanxenxo  PO-550 

Percorrido editar

 
A PO-308 ó seu paso polo miradoiro da Granxa, en Dorrón, Sanxenxo.

Pasa por Combarro, Raxó, Areas, Sanxenxo, Portonovo e Noalla, e durante todo o ano hai bastante tráfico dende Pontevedra ata San Xoán de Poio e a VG-4.8.