Púlpito

plataforma elevada nunha igrexa dende a cal o elesiastico predica

Púlpito[1] é a plataforma pequena e elevada, nunha igrexa, desde a que o eclesiástico predica ou dirixe os rezos. Tamén recibe o nome de cátedra do Espírito Santo[2].

Púlpito no Mosteiro de San Salvador de Celanova, en Celanova (Ourense).

Ambón é cada un dos dous púlpitos das antigas igrexas cristiás, situados aos dous lados do altar maior usados para proclamar as Lecturas.

Dispoñen de antepeito ou peitoril e dosel de resonancia ou baldaquino superior. Os púlpitos utilizáronse nas primitivas igrexas ou basílicas chamándose precisamente ambóns. Dispoñíanse á entrada do coro a xeito de tribuna rectangular sobre unha plataforma de pouca elevación, á cal se subía por bancadas laterais e neles cantábase a epístola e mailo Evanxeo nas Misas solemnes e anunciábanse ao pobo as festas. Os ambóns continuaron con maior ou menor amplitude e elevación até o século XIV no que se foi adoptando o actual sistema de púlpitos, os cales na época oxival e o período plateresco tenden máis á forma hexagonal con enfeites en todas as épocas con elementos propios do estilo en curso. O dosel de resonancia utilízase dende o século XVI.[3]

Áchanse achegados ao altar, xeralmente acaroados a un dos soportes da nave principal do templo. Actualmente úsanse pouco, pois as normas litúrxicas vixentes recomendan que a homilía, como parte integrante da Misa, dígase dende o presbiterio, xunto ao altar.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164660&sinom=0 |título=Denominación e definición en galego en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021114546/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164660&sinom=0 |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
  2. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  3. Arqueología y bellas artes, de 1922, de Francisco Naval y Ayerbe