Pío García-Escudero

político español

Pío García-Escudero Márquez, IV conde de Badarán, nado en Madrid o 28 de outubro de 1952, é un arquitecto e político español. Foi presidente do Senado de España. Foi deputado da Asemblea de Madrid (1991-2003) e senador por Madrid (desde 1995), así como presidente do Partido Popular na Comunidade de Madrid (1993-2004).

Pío García-Escudero
Pío García-Escudero

13 de decembro de 2011 – 21 de maio de 2019
Precedido por Javier Rojo
Sucedido por Manuel Cruz

Datos persoais
Nacemento 28 de outubro de 1952 Madrid
Partido Partido Popular
Profesión Arquitecto

Traxectoria editar

Naceu en Madrid, en 1952, sendo o maior dos dez fillos de Felipe García-Escudero y Torroba, III conde de Badarán, e Eloísa Márquez y Cano,[1] e recibiu o nome do seu avó o II conde, Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia, que fora reitor da Universidade Politécnica de Madrid. García-Escudero superou os estudos de arquitectura na Escola Superior de Arquitectura de Madrid].

En 1987 entrou en política da man de José María Aznar, elixido presidente de Castela e León ese mesmo ano, como director xeral de Patrimonio e Promoción Cultural na Xunta de Castela e León.

En política local madrileña foi director de Rehabilitación do Casco Antigo do Concello de Madrid e segundo tenente de alcalde do mesmo.

En 1991 resultou elixido deputado polo Partido Popular na Asemblea de Madrid, escano que ocupou ata o ano 2003 e en 1993 convértese en presidente do Partido Popular en Madrid, cargo que ocupa ata 2004.

Desde o ano 1995 é senador, primeiro designado pola Asemblea de Madrid e posteriormente como senador electo. Ademais en dúas ocasións foi portavoz do Partido Popular no Senado, a primeira foi de 1996 a 1999 e a segunda de 2004 a 2011.

O 13 de decembro de 2011 foi elixido presidente do Senado para a X Lexislatura. O 13 de xaneiro de 2016 revalidou o cargo para a XI Lexislatura. Tamén foié o presidente do Senado na XII Lexislatura, sendo elixido o 19 de xullo de 2016.

Vida persoal editar

Contraeu matrimonio en Valladolid o 15 de xuño de 1982 con María del Carmen Ramos Pérez, coa que tivo dous fillos:

  • Pío García-Escudero Ramos (n. 1984)
  • Miguel García-Escudero Ramos (n. 1987)

Cargos desempeñados editar

  • Director xeral de Patrimonio e Promoción Cultural da Xunta de Castela e León (1987-1991).
  • Deputado na Asemblea de Madrid (1991-2003).
  • Presidente do PP de Madrid (1993-2004).
  • Senador por Madrid (Desde 1995).
  • Voceiro do Grupo Popular no Senado (1996-1999).
  • Segundo tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Madrid (2003-2004).
  • Voceiro do Grupo Popular no Senado (2004-2011).
  • Presidente do Senado (2011-2019).
  • Vicepresidente segundo do Senado (dende 2019).

Notas editar

Véxase tamén editar

Predecesor:
Luis Eduardo Cortés
 
Presidente do PP da Comunidade de Madrid

1993-2004
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
Ángel Acebes
 
Voceiro do Grupo Popular no Senado

1996-1999
Sucesor:
Esteban González Pons
Predecesor:
Antolín Sanz
 
Voceiro do Grupo Popular no Senado

2004-2011
Sucesor:
Xosé Manuel Barreiro
Predecesor:
Javier Rojo
 
Presidente do Senado

2011-2019
Sucesor:
Manuel Cruz
Predecesor:
Joan Lerma
 
Vicepresidente segundo do Senado

2019
Sucesor:
-