Píllara semipalmada

A píllara semipalmada (Charadrius semipalmatus) é unha pequena ave carádrida. Ten os pés parcialmente palmados, como indica o seu nome.[2]

Charadrius semipalmatus

Plumaxe da estación reprodutora, en Nunavut, Canadá
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Charadrius
Especie: Charadrius semipalmatus
(Bonaparte, 1825)
Área de nidificación en amarelo, de migración en amarelo, de invernación en azul (no Caribe e pola costa)
Área de nidificación en amarelo, de migración en amarelo, de invernación en azul (no Caribe e pola costa)

Área de nidificación en amarelo, de migración en amarelo, de invernación en azul (no Caribe e pola costa)
Sinonimia

Charadrius hiaticula semipalmatus

Descrición editar

Esta especie pesa de 22 a 63 g e mide de 14 a 20 cm de lonxitude e de 35 a 56 cm de envergadura alar.[3] Os adultos teñen o dorso e as ás maróns agrisados, un ventre branco e un peito branco cunha banda negra. Ten a parte superior da cabeza negra, fronte branca e unha máscara negra arredor dos ollos e un bico curto laranxa con punta negra.

Vocalización

Hábitat editar

O seu hábitat reprodutor son os chans abertos de praias ou chairas do norte do Canadá e Alasca. Aniñan no chan con pouca ou nula vexetación.

Son migratorias e invernan en áreas costeiras do sur dos Estados Unidos, o Caribe e gran parte de Suramérica. Son aves errantes extremadamente raras en Europa occidental, e atopáronse en Terra de Fogo e as illas de Scilly británicas.[4] O seu verdadeiro status pode quedar escurecido pola dificultade de identificalo sen confundilo coa moi similar píllara real de Eurasia, da cal anteriormente era considerada unha subespecie.

Comportamento editar

Aliméntase nas praias, chairas mareais e campos utilizando a vista. Come insectos, crustáceos e vermes. Lembra unha píllara rabirrubia (Charadrius vociferus) pero é moito menor e ten só unha banda no peito.[5] Como aniña no chan, usa unha exhibición de "á rota" para intentar enganar os intrusos e afastalos do niño, que é unha exhibición similar á que fai a emparentada píllara rabirrubia.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. "Charadrius semipalmatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 99, 353. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  3. CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
  4. Coomber, Richard (1991). "Charadriiformes: Plovers". Birds of the World. Godalming, Surrey: Colour Library Books Ltd. pp. 97–100. ISBN 0862838061. 
  5. Kaufman, Kenn. (2000) Kaufman Field Guide to Birds of North America. New York: Houghton-Mifflin.
  6. University of Michigan Animal Diversity Web http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Charadrius_semipalmatus/

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar