Píleo (micoloxía)

sombreiro dos cogomelos

En micoloxía, o píleo[1] (do latín pileus, 'sombreiro'), tamén chamado chapeu[2] ou sombreiro[3] é o nome técnico que se lle dá ao sombreiro dos cogomelos, un basidiocarpo ou un ascocarpo (corpo frutífero) do fungo, que sustenta unha superficie onde se aloxan as esporas, o himenio.[4][5]

Esquema dun esporóforo dos fungos agaricales e boletales: o ou estipe e o sombreiro ou píleo, formado polo himenóforo (carne e cutícula) e o himenio (con lamelas e tubos).

O himenio ou himenóforo pode estar formado por lamelas, tubos ou "dentes", na cara inferior do píleo.

O píleo é caraterístico ds agáricos, boletos, algúns poliporos e algúns ascomicetos.

Morfoloxía editar

 
Aliñación de varios pés de Amanita phalloides mostrando a evolución da morfoloxía do esporóforo: o sombreiro ovalado da idade xuvenil esténdese e vólvese convexo na madurez.

Os píleos poden ter varias formas, e a forma pode cambiar ao longo do ciclo de crecemento e desenvolvemento do fungo.

A forma máis común é a semiesférica ou convexa.

Os píleos convexos adoitan continuar a súa expansión a medida que van madurando, até que adquiren unha forma totalmente plana.

Moitas especies de cogomelos ben coñecidas posúen un píleo convexo, como Agaricus bisporus, ou varias das especies dos xéneros Amanita e Boletus.

Algúns outros, tales como os de Macrolepiota procera, teñen distintos tipos de mamelón —forma de mama—, polo que son denominados umbonados ou mamelonados (un umbo, umbón ou mamelón é unha protuberancia obtusa que se forma no centro do sombreiro dalgúns cogomelos).

Os píleos doutros cogomelos, tales como Cantharellus cibarius, presentan unha aparencia de embude ou trompeta. Neste caso, o píleo denomínase embudado ou infundibuliforme.

Galería editar

A continuación móstranse unhas ilustracións que representan os distintos tipos de píleo descritos na literatura:

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píleo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chapeu.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sombreiro.
  4. Moore-Landecker, E. (1972): Fundamentals of the Fungi. Prentice Hall, p. 560.
  5. Definición de píleo no dicionario da RAG [1] Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arora, D. (1986): Mushrooms Demystified. Ten Speed Press.
  • Patouillard, N. (1900): Essai Taxonomique sur les familles et les genres des Hyménomycètes. Imprimerie Declume, Lons-le Saulnier.

Outros artigos editar