Pía da auga bieita

Na relixión católica denomínase pía da auga bieita a unha pía de pedra ou outro material situado na entrada das igrexas que contén auga bieita para se persignaren os fieis.

Pía da auga bieita.

A orixe das pías de auga bieita remóntase aos primeiros tempos da Igrexa Católica considerándose como tales polos arqueólogos certos vasos e depósitos de mármore ou de barro cocido que se achan nas catacumbas. Porén a forma e posición das pías, tal como se atopan agora na entrada das igrexas, comezou no século XII xeralizándose a finais do século XIV.

Adoita tratarse dun cunco embutido no muro a xeito de canzorro ou ménsula, moitas veces con forma de cuncha. As máis das veces é unha gran valva verdadeira, outras veces faise de pedra, mármore ou nácara.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar