Pál Kovács

esgrimista húngaro

Pál Kovács (en húngaro: Kovács Pál), nado en Debrecen o 17 de xullo de 1912 e finado en Budapest o 8 de xullo de 1995, foi un tirador de esgrima húngaro, gañador de sete medallas olímpicas. Foi o pai dos tamén tiradores de esgrima Attila e Tamás Kovács.

Infotaula de personaPál Kovács

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Kovács Pál Ádám Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1912 Editar o valor em Wikidata
Debrecen, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1995 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 8/2-1-73 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1960fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1956Fencing at the 1956 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1952Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1952  (medalla de ouro olímpica)
1948Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1948  (Medalla de bronce olímpica)
1936Xogos Olímpicos de 1936 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAttila Kovács (en) Traducir, Tamás Kovács Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 64312910 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Principiou a estudar Universidade Corvinus de Budapest e logo pasou á Academia Militar Ludovica graduándose en 1935 como tenente do exército. Discípulo do mestre de armas László Borsody, pertenceu ao Club de Esgrima de Oficiais (1935-1945), Ganz Vasas (1945-1954) e Vasas SC (a partir de 1954)Participou, aos 24 anos, nos Xogos Olímpicos de 1936 celebrados en Berlín, gañando a medalla de ouro na proba por equipos de sabre. Despois da fin da segunda guerra mundial estivo dous anos como prisioneiro de guerra. Nos Xogos Olímpicos de 1948 de Londres revalidou o seu título por equipos, tañando tamén unha medalla de bronce na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui volve gañar o ouro por equipos, así como tamén ese metal na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne non é quen de revalidar o seu título individual, rematando sexto, pero si revalida o título por equipos, conseguindo así a súa cuarta vitoria nesta proba. Nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma gañou unha nova medalla de ouro na proba por equipos, o seu quinto título consecutivo.

Ao longo da súa carreira gañou dezaseis títulos nacionais húngaros, doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, dez delas de ouro. Foi vicepresidente da Federación Húngara de Esgrima (1963-1968), a partir de 1968 foi membro do Comité Olímpico Húngaro, e tamén foi membro do Comité Executivo da Federación Internacional de Esgrima e entre 1980 e 1988 o seu vicepresidente. Pouco antes da súa morte foi ascendido ao rango de xeneral.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar