Outeiro de Rei

concello da comarca de Lugo, na provincia de Lugo

Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).

Modelo:Xeografía políticaOuteiro de Rei
Imaxe

Localización
Mapa
 43°06′09″N 7°36′49″O / 43.1025, -7.6136Coordenadas: 43°06′09″N 7°36′49″O / 43.1025, -7.6136
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalOuteiro de Rei Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.359 (2023) Editar o valor em Wikidata (39,93 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie134,2 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude414 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Pardo Lombao Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Outeiro de Rei Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27150 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27039 Editar o valor em Wikidata

Sitio webouteiroderei.gal Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.[1][2]

Historia editar

Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai gran número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.

As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.

A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución dalgunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.

A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando ao denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astaríz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.

No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.

A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais:

  • Pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), orixe dos Gayoso.
  • Casa Forte de Outeiro de Rei, orixinaria do século XV da familia irlandesa O´Kelly e posteriormente dos Gayoso.
  • Casa-torre da Barreira do 1575.
  • Pazo de Guevara, de finais do século XVII dos Pardo-Rivadeneira.

En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII, así como un regato chamado o regato do Cepelo, que é moi querido polos veciños. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas[3].

Poboación editar

Censo total 2016 5.047 habitantes
Menores de 15 anos 559 (11,08%)
Entre 15 e 64 anos 3.201 (63.47 %)
Maiores de 65 anos 1.283 (25,4 %)
Evolución da poboación de Outeiro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.903 6.536 5.904 5.109 4.528 4.936 5.001 5.046 5.098 5.083 5.068 5.043 5.063 5.093 5.151 5.210 {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía editar

  • A poboación ocupada no sector servizos é maioría 48,47 %
  • Sector secundario 30,17 %
  • Sector primario, que segue a ter un peso relevante na economía municipal da emprego ao 21,3 %

As principais industrias do concello son:

  • Na parroquia de Robra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.L. ten instalada unha central eléctrica aproveitando o Salto do Piago.
  • Zona Industrial de Outeiro de Rei, alí están as empresas: Coren, Norpresa, Polinox ou Ben Alonso.
  • Na N-VI está Corporación Alimentaria Peñasanta e Alimentos Lácteos S.A.[4]

Parques zoolóxicos editar

Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Lugares de Outeiro de Rei editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. Historia. Concello de Outeiro de Rei
  4. Situación económica do Concello

Véxase tamén editar