Otto Loewi, nado en Frankfurt o 3 de xuño de 1873 e finado en Nova York o 25 de decembro de 1961, foi un destacado fisiólogo alemán.

Otto Loewi
Otto Loewi
Datos persoais
Nacemento3 de xuño de 1873
LugarFrankfurt, Alemaña
Falecemento25 de decembro de 1961
LugarNova York, EUA
SoterradoWoods Hole Village Cemetery
NacionalidadeAlemán, estadounidense
RelixiónXudeu
Actividade
CampoFisioloxía, farmacoloxía
Alma máterUniversidade de Estrasburgo
Director de teseOswald Schmiedeberg
Contribucións e premios
Coñecido porAcetilcolina
PremiosPremio Nobel de Medicina (1936)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Múnic e licenciouse en Medicina na Universidade de Estrasburgo. Abandonou axiña a práctica asistencial da medicina, para dedicarse á investigación. Impartiu clases, como profesor axudante, na Universidade de Viena e en 1909 obtivo a cátedra de Farmacoloxía da Universidade de Graz, pero á chegada dos nazis, requísanlle o cargo e tivo que abandonar o país. Tras un breve período en Bruxelas e Oxford, trasladouse a Nova York en 1940, onde foi nomeado catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Nova York.

Loewi empezou as súas investigacións a partir dunha hipótese de Elliot, que defendía que o impulso nervioso se transmitía a través dunha substancia química. Loewi puido demostrar que no sistema nervioso parasimpático esta substancia era a acetilcolina, substancia que Henry Hallet Dale previamente illara. Ambos compartiron o Premio Nobel de Medicina no ano 1936.

O descubrimento de Loewi deu orixe ao nacemento da teoría química da transmisión nerviosa, segundo a cal, a corrente nerviosa provoca, no extremo das fibras nerviosas, a liberación dunha substancia química que se chamou neurotransmisor.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar