O ostracismo (do grego ὀστρακισμός ostrakismós) foi unha institución xurídica da democracia ateniense utilizada para castigar cun exilio temporal de dez anos a todo o que puidese representar un perigo para a cidade. No uso corrente o ostracismo significa excluír a alguén da sociedade ou da comunidade impedíndolle a comunicación.

Ostrakon, ὄστρακον. As persoas nomeadas son de arriba abaixo Pericles, Cimón e Arístides.

Segundo Aristóteles o ostracismo foi ideado por Clístenes o -510, pero segundo algúns se ten que datar a súa institución vinte anos despois, cando se aplicou a Hiparco de Colarxes, da familia dos Pisistrátidas.

O ostracismo consistía nunha votación, durante a oitava pritanía, cando o nome do individuo penado tiña que ser escrito nun anaco de terracota ou óstrakon.

O carácter político do xuízo de ostracismo emerxe claramente do feito de que a condena non require e non comporta unha acusación penal: Plutarco, por exemplo explica que Arístides sufriu ostracismo porque a súa boa fama e reputación facíano, independentemente das súas intencións, un tirano potencial.

Usábase o óstrakon porque o papiro era moi caro e importado de Exipto.

Para que a votación fose válida tiñan que participar polo menos 6.000 cidadáns. Moitos notábeis políticos democráticos sufriron ostracismo. Nalgúns casos aprobáronse leis especiais para recuperar a cidadáns exiliados, por exemplo, nas guerras contra os persas recuperouse a Arístides.

Segundo Aristóteles[1] tamén en Argos se practicaba o ostracismo. Na obra de Aristófanes dise que en Mégara e en Mileto tamén había ostracismo.[2]

Cidadáns notábeis penados con ostracismo editar

O ostracismo na cultura editar

Actualmente, denomínase ostracismo, por extensión do significado orixinal, á sanción social consistente no illamento dunha persoa, e que é considerado un mecanismo de control social.[3]

Notas editar

  1. Aristóteles, Política, viii, 3, 1302b.
  2. Escolio a Aristófanes, Os cabaleiros, 855.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ostracismo.