Ostpolitik vén do alemán Ost (Leste) e Politik (Política), e fai referencia á política levada a cabo en 1969 polo chanceler da RFA Willy Brandt coa intención de normaliza-las relacións coa RDA. Como consecuencia desta política, a RFA chega a un acordo de recoñecemento de fronteiras coa Unión Soviética 1970. En 1972, a RFA e a RDA recoñécense diplomaticamente. En 1973 entran na ONU as dúas repúblicas alemás.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar