Oshakati é unha cidade de Namibia, unha das máis desenvolvidas da zona coñecida como Ovambolandia, no norte do país. Desde xullo de 1966 é a capital da Rexión de Oshana, a segunda máis densamente poboada das catorce rexións namibianas.

Modelo:Xeografía políticaOshakati
Imaxe

Localización
Mapa
 17°48′S 15°41′L / -17.8, 15.68Coordenadas: 17°48′S 15°41′L / -17.8, 15.68
EstadoNamibia
RexiónOshana Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación39.679 (2010) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1.074 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5530 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico65 Editar o valor em Wikidata

O antigo mercado de Oshakati, demolido en 2016.
O novo mercado de Oshakati.

Xeografía editar

Situada a 1074 msnm, está comunicada pola autoestrada B1, a principal de Namibia, que une a fronteira con Suráfrica, a través da capital Windhoek, coa fronteira de Angola. Ademais, a cidade comparte un pequeno aeroporto coa súas veciñas cidades de Ondangwa e Ongwediva.

O complexo das cidades Oshakati-Ongwediva-Ondangwa experimentou un importante crecemento urbano desde que Namibia alcanzou a independencia, o 21 de marzo de 1990 e constitúe un importante foco comercial e industrial.

No seu conxunto, forma a segunda maior concentración de poboación de Namibia despois de Windhoek, pero aínda carece de infraestruturas básicas e da maioría dos servizos e instalacións que normalmente se achan en zonas urbanas deste tamaño. A maioría das empresas do norte de Namibia sitúanse aquí, subministrando unha cantidade importante de emprego.

Historia editar

A cidade foi utilizada como base de operacións pola Forza de Defensa de Suráfrica (SADF) durante a Guerra da fronteira de Suráfrica. Este foi un conflito que se produciu en Namibia, daquela África do Suroeste, administrada por Suráfrica, que implicou a este país, Zambia e Angola desde o 26 de agosto de 1966 ao 21 de marzo de 1990. A SADF enfrontouse ao o Exército de Liberación Popular de Namibia (PLAN), e ao da Organización do Pobo de África do Suroeste (SWAPO) e os seus aliados (principalmente Angola, e os asesores de Cuba e a URSS). Esta guerra deu lugar a algunhas das maiores batallas no continente africano desde a segunda guerra mundial,[1] e estivo intimamente relacionada coa Guerra civil angolana.[2]

Poucos anos antes da independencia de Nambia, en febreiro de 1988, explotou unha bomba en Oshakati, na sede do First National Bank, ocasionando a morte de 27 persoas e ferindo a outras 30, a maioría enfermeiras e profesores. Ninguén foi condenado oficialmente por esta causa, que decaeu coa independencia de país en 1990, en favor da reconciliación nacional.[Cómpre referencia]

En abril de 2006 foi inaugurado o novo edificio do Consello Municipal de Oshakati polo presidente de Botsuana, Festus Mogae.

A cidade de Oshakati no ano 2011 tiña unha poboación de 36 541 habitantes.[3]

Na actualidade, a súa alcaldesa é Katrina Shimbulu.[4]

Cultura editar

O Concello de Oshakati organiza a exposición anual Oshakati Totem Expo, que combina a celebración das tradicións locais cunha moderna exposición empresarial.[5]

O evento organizado por primeira vez o 9 de xuño de 2012 polo daquela gobernador de Oshana Clemens Kashuupulwa. Ten lugar anualmente durante un período de catro días nos meses de xuño ou xullo.

Notas editar

  1. Rajagopal, Balakrishnan (2003). International Law from Below: Development, Social Movements and Third World Resistance. Cambridge, RU: Cambridge University Press. pp. 50-68. ISBN 978-0-5210-1671-1. 
  2. Fernando Andresen Guimaraes (2001): The Origins of the Angolan Civil War. Londres, RU: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-2305-9826-3.
  3. "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report. Namibia Statistics Agency. p. 39. Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  4. Ileka, Merja (7 de decembro de 2015). "Shimbulu back as Oshakati mayor". Namibian Sun. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2019. 
  5. User, Super. "Does the Oshakati Town Council offer bursaries, loans for businesses or SME funding?". www.oshtc.na (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar