Os osfradios son órganos sensoriais olfactivos típicos de certos moluscos, conectados co órgano da respiración, e que se encargan de percibiren os olores, mediante os quimiorreceptores que posúen, para poder estes animais localizaren unha fonte de alimento, ou para orientarse.

A función principal deste órgano é a de comprobar o nivel de salinidade da auga e a presenza de partículas alimenticias nela. Os seus quimiorreceptores son capaces de captaren información química no medio que os rodea, especialmente na lama, en busca de posíbeis alimentos.

Etimoloxía editar

O termo osfradio é a forma romanceada do latín científico osphradium (plural osphradia), tirado do grego medio ὀσφραδίον osphradíon, 'nariz rechamante', diminutivo do grego antigo ὅσφρα ósphra, 'cheiro', 'olor', de ὀσφραίνομαι osphraínomai, 'ulir', 'olfactear', relacionado con ὄζω ozō, 'ulir', 'cheirar' (ben ou mal).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hulbert G. C. E. B. & Yonge C. M. (1937): "A Possible Function of the Osphradium in the Gastropoda". Nature 139: 840-841. doi 10.1038/139840b0.
  • Brown A. C. & Noble R. G. (1960): "Function of the Osphradium in Bullia (Gastropoda)". Nature 188: 1045-1045. doi 10.1038/1881045a0.