Os mellores anos da nosa vida

filme de 1946

Os mellores anos da nosa vida (en inglés: The Best Years of Our Lives, tamén coñecido como Glory for Me e Home Again) é un filme estadounidense dirixido por William Wyler e protagonizado por Myrna Loy, Fredric March, Dana Andrews, Teresa Wright, Virginia Mayo e Harold Russell. O filme conta a historia de tres militares que se adaptan á vida civil despois de combater na segunda guerra mundial. Samuel Goldwyn inspirouse en producir un filme sobre veteranos despois de ler o 7 de agosto de 1944 un artigo de Time sobre as dificultades que experimentan os soldados que volven á vida civil. Goldwyn contratou o antigo correspondente de guerra MacKinlay Kantor para escribir o guión. O seu traballo foi publicado primeiro nunha novela, Glory for Me, que Kantor escribiu en verso branco.[4][5][6][7] Robert E. Sherwood adaptou a novela nun guión.[7]

Os mellores anos da nosa vida
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Best Years of Our Lives
DirectorWilliam Wyler
ProdutorSamuel Goldwyn
GuiónRobert E. Sherwood
Baseado enGlory for Me
novela de MacKinlay Kantor
Intérpretes
Música
FotografíaGregg Toland
MontaxeDaniel Mandell
EstudioSamuel Goldwyn Productions
DistribuidoraRKO Radio Pictures
Estrea 21 de novembro de 1946
Galicia 18 de xuño de 1994 (TVG)
Duración172 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$2 100 000[1] ou $3 000 000[2]
Recadación$23 700 000[3]
Na rede
IMDB: tt0036868 Filmaffinity: 501537 Allocine: 25308 Rottentomatoes: m/best_years_of_our_lives Mojo: bestyearsofourlives Allmovie: v4943 TCM: 68507 TV.com: movies/the-best-years-of-our-lives Netlix: 299970Editar o valor em Wikidata

The Best Years of Our Lives gañou sete Premios Oscar en 1946, incluíndo o mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actor (Fredric March), mellor actor secundario (Harold Russell), mellor montaxe (Daniel Mandell), mellor guión adaptado (Robert E. Sherwood) e mellor banda sonora (Hugo Friedhofer).[8] Ademais do éxito entre a crítica, o filme axiña se converteu nun grande éxito comercial. Foi o filme con maior recadación e con máis espectadores dos Estados Unidos e do Reino Unido dende a estrea de Foise co vento, vendendo arredor de 55 millóns de entradas nos Estados Unidos[9] o que equivale a $23 650 000.[10]

Estreouse en galego o 14 de xuño de 1994 a través da TVG.[11]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Thomson 1993, pp 490–491.
  2. vhttps://archive.org/stream/variety165-1947-01#page/n85/mode/1up
  3. " 'Best Years of Our Lives' (1946)." Box Office Mojo. Consultado o 4 de febreiro de 2010.
  4. Kantor, MacKinlay (1945). Glory for Me. Coward-McCann. OCLC 773996. 
  5. Easton, Carol (2014). The Search for Sam Goldwyn. Univ. Press of Mississippi. ISBN 978-1-62674-132-4. 
  6. Orriss 1984, p. 119.
  7. 7,0 7,1 Levy, Emanuel (4 de abril de 2015). Emanuel Levy: Cinema 24/7, ed. "Oscar History: Best Picture–Best Years of Our Lives (1946)". Arquivado dende o orixinal (review) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  8. "The 19th Academy Awards (1947) Nominees and Winners." oscars.org. Consultado o 20 de novembro de 2011.
  9. "Domestic Total: Estimated tickets: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
  10. "Box office: 'The Best Years of Our Lives'." Box Office Mojo. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
  11. La Voz de Galicia, 18 de xuño de 1994. Páx. 83

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar