Os mandaríns

libro de Simone de Beauvoir

Os mandaríns (en francés: Les Mandarins) é unha novela escrita en 1954 por Simone de Beauvoir gañadora do Premio Goncourt. É considerada a obra máis importante desta autora.

Os mandaríns
Título orixinalLes Mandarins
Autor/aSimone de Beauvoir
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialÉditions Gallimard
Data de pub.1954
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A novela está ambientada na época da posguerra en Francia, trala segunda guerra mundial. Fai referencia a un marco intelectual moi influído pola política e os bandos ideolóxicos daqueles anos. Tamén trata outros temas como son o feminismo e o existencialismo.

É unha novela que vira arredor da vida de Enrique Perron e Ana Dubreuilh, dous intelectuais. Perron é un relevante escritor, tamén editor do xornal L'Espoir, que mantén unha infeliz relación con Paula. Ana Dubreuilh é unha importante psicóloga, casada con Roberto Dubreuilh, outro importante intelectual, co que ten unha filla, Nadine. Considérase que Perron é Albert Camus, que Roberto é Jean-Paul Sartre, que Ana é a propia Simone de Beauvoir e que L'Espoir é en realidade o xornal Combat. Ademais, durante a obra móstrase a relación que ten Ana con Lewis Brogan, un escritor norteamericano que representaba a Nelson Algren, un dos romances que tivo Simone de Beauvoir nos Estados Unidos e a quen lle dedicou o libro unha vez foi publicado.[1]

A obra capta a incerteza e o desencanto deses anos, que foran tan esperados, pero que non se sabía se rematarían nunha próxima guerra.

Premios editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar