Os músicos de Bremen

Os músicos de Bremen[1] (en alemán: Die Bremer Stadtmusikanten) é un conto tradicional recollido e reescrito polos Irmáns Grimm.

Os músicos de Bremen
Os músicos de Bremen (Die Bremer Stadtmusikanten), escultura erixida en 1951 de Gerhard Marcks (1953).
Título orixinalDie Bremer Stadtmikanten
Autor/aIrmáns Grimm
Ilustrador/aTheodor Hosemann, Carl Offterdinger, Ludwig Richter, Arthur Rackham
OrixeAlemaña Alemaña
LinguaLingua alemá
Tema(s)conto
Xénero(s)Conto de fadas, literatura infantil
Data de pub.1819
editar datos en Wikidata ]

A historia editar

Nesta historia, un burro, un can, un gato e un galo, maltratados polos seus donos, abandónanos e deciden ir para Bremen, unha cidade onde coñecerán a liberdade.

No camiño para Bremen, ven luz nunha casa; asexando dentro ollan a catro ladróns gozando do produto do seu roubo. Apoiados nas costas uns dos outros, deciden cantar, coa esperanza de seren alimentados. A súa 'música' ten un efecto inesperado: os homes foxen, non sabendo a orixe de tan estraño son. Os animais quedan na casa, toman un bo xantar, e dormen.

Durante a noite, os ladróns regresan e un deles entra na casa para investigar. Ao ver os ollos do gato brillando na escuridade, pensa que son brasas e inclínase para acender a súa candea. Nunha rápida sucesión de acontecementos, o gato rañoulle a cara, o burro deulle un couce, o can traboulle e o galo escorrentouno porta fóra, cacarexando. O home dixo aos seus compañeiros que fora atacado por monstros: unha bruxa horríbel que o rañou coas súas enormes unllas (o gato), un xigante que lle deu unha malleira (o burro), un ogro que o corta cun coitelo (o can) e, o peor de todo, - un xuíz que lle berrou ao ouvido "Apañen ese traidor" (o galo). Os ladróns abandonan a casa por mor das estrañas criaturas que dela se apoderaran, e os animais viven felices nela até ao final dos seus días.

Significado editar

Esta fábula ten un significado obvio: os catro animais representan as diferentes clases do pobo; os seus donos os rexentes feudais dese tempo. Bremen, unha cidade libre Hanseática onde non existía feudalismo, era o lugar natural para se vivir sen amos.

Bremen recorda esta historia a través dunha estatua de bronce de dous metros de altura par da casa do concello da vila (Rathaus).

Notas editar

  1. Título usado nas versións en galego coma en Contos dos irmáns Grimm de Xerais, de 1998 - http://www.xerais.es/libro.php?id=47974

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar