Os cabalos

escultura en Vigo

Non confundir coa Fonte dos Cabalos das Pratarías en Santiago de Compostela.

Coordenadas: 42°13′46″N 8°43′10″O / 42.229338888889, -8.7194555555556

Os cabalos é un monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado na cidade de Vigo. Atópase no medio e medio da glorieta da Praza de España, onde antes houbo unha fonte circular con chafarices alumeados con diferentes cores, e anteriormente, para o mesmo deseño da glorieta, erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.

Os cabalos
Os cabalos
Presentación
LocalizaciónVigo
DirecciónPraza de España
TipoMonumento
Construción
Data da construción1991
Equipo
EscultorJuan Oliveira Viéitez

Descrición editar

O grupo escultórico feito en bronce negro forma unha especie de espiral metálica ascendente que acada os 18 metros de altura, pola que ruben cinco grandes cabalos, o superior apoiado nas dúas patas traseiras no cumio da escultura. Pola espiral baixa unha fervenza de auga que cae nun encoro de 10 metros de diámetro e forma a fonte; arrodéase cun sinxelo xardín formado por céspede e unhas sebes que agochan os focos que alumean a fonte á noite. O conxunto pesa 40 toneladas e sitúase sobre un paso inferior para o tránsito rodado da Gran Vía, polo que houbo que reforzar moito o forxado para que o chan ature o peso.

O sentido da escultura é unha homenaxe ás bestas bravas que poboan os montes de Vigo (como as que moraban no achegado Monte do Castro)[1].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Os cabalos na páxina do Concello de Vigo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar