Os asasinos (filme de 1946)

filme de 1946 dirixido por Robert Siodmak

Os asasinos (en inglés: The Killers) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Baséase en parte na historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway.[2] Está protagonizado por Burt Lancaster no seu primeiro filme, Ava Gardner, Edmond O'Brien e Sam Levene. No filme tamén aparece William Conrad, na súa primeira aparición cun papel acreditado, como un dos asasinos.[3] John Huston e Richard Brooks escribiron xuntos o guión pero non aparecen acreditados. No seu canto aparece Anthony Veiller.

Os asasinos
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Killers
DirectorRobert Siodmak
ProdutorMark Hellinger
GuiónRichard Brooks
Anthony Veiller
John Huston
Baseado en"The Killers" de Ernest Hemingway
IntérpretesBurt Lancaster
Ava Gardner
Edmond O'Brien
Sam Levene
FotografíaWoody Bredell
MontaxeArthur Hilton
EstudioMark Hellinger Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea 28 de agosto de 1946
Galicia 2 de febreiro de 1990 (TVG)
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Recadación$2 500 000 (USA)[1]
Na rede
IMDB: tt0038669 Filmaffinity: 566080 Allocine: 513 Rottentomatoes: m/1080205-killers Allmovie: v120013 TCM: 80270 Netlix: 60030651Editar o valor em Wikidata

En 2008, Os asasinos foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."

Estreouse en galego o 2 de febreiro de 1990 a través da TVG.[4]

Sinopse editar

Dous asasinos a soldo chegan a unha pequena poboación e matan o empregado dunha gasolineira: Ole Andreson "o Sueco" (Burt Lancaster), que os estaba agardando. O detective Reardon (Edmond O'Brien) investiga o caso para a compañía de seguros na que traballa, a pesar de que o seu xefe lle di que non o faga, por tratarse dun asunto de pouca importancia económica.[5] Reardon comeza a atar cabos e descobre que a vida do "Sueco" estivo chea de enganos e de crimes, e que en todo iso tiña algo que ver a misteriosa Kitty Collins (Ava Gardner).

Personaxes editar

Notas editar

  1. "60 Top Grossers of 1946", Variety 8 de xaneiro de 1947 p8
  2. Paste, ed. (9 de agosto de 2015). "The 100 Best Film Noirs of All Time". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2015. 
  3. "Programación da TVG". ABC. 2 de febreiro de 1990. Consultado o 10 de abril de 2018. 
  4. Abellán, Javier (18 de decembro de 2017). "¿Pagarle al asegurado? ¿Para qué?". Cuadrivio (en castelán). Cidade de México. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar