Os Tonechos foi un dúo humorístico formado polos actores galegos Roberto Vilar ("Tonecho") e Víctor Fábregas ("Tucho").

Traxectoria editar

Roberto Vilar, Víctor Fábregas e o guionista e escritor Xavier Manteiga coincidiron no programa de televisión Con perdón, que realizaba bromas a cidadáns anónimos mediante o sistema de cámara oculta[1]. Este programa emitíase na TVG, e foi nesa cadea, pero con intervencións en Luar a partir de 2002, un programa de variedades onde realizaban pequenos sketches cómicos. Despois dunha longa traxectoria nesta emisión de variedades, dedicáronse a facer especiais para logo teren un programa de seu, O show dos Tonechos (cuxo episodio piloto se estreou o 18 de abril do 2005).

O seu humor baséase na retranca e no surrealismo. Algunhas das súas expresións máis coñecidas son: "Papa macho, pasa de todo tío", "Báilanme as perniñas" (Tucho) e "Eu nacín no Congho Belga", "Está posto con malicia", "Jamás, jamás, jamás" ou "no pequeño ghran show y no lo quieren y no lo quieren y no lo quieren y no hay manera y al carallo" (Tonecho). Tamén son constantes as referencias á cultura popular e á actualidade social.

Na ficción do show dos Tonechos, Tonecho e Tucho son pai e fillo, a nai chámase Maribel (interpretada por Mariana Carballal) e a avoa Amadora (por Dorotea Bárcena).

En xaneiro de 2009 anunciaron a súa separación temporal como dúo cómico[2].

O 23 de setembro do 2022 fixeron a súa última actuación con motivo do 30 aniversario do Luar da TVG.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar