George Orson Welles, nado en Kenosha (Wisconsin) o 6 de maio de 1915 e finado en Hollywood (California) o 10 de outubro de 1985, foi un actor, director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Infotaula de personaOrson Welles

(1937) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Orson Welles Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1915 Editar o valor em Wikidata
Kenosha, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1985 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaRonda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo e ateísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTodd Seminary for Boys (en) Traducir
School of the Art Institute of Chicago (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de teatro , mago , locutor de radio , produtor de teatro , actor de dobraxe , actor de televisión , actor , realizador , dramaturgo , libretista , director de cinema , director teatral , actor de xénero , produtor de cinema , guionista , montador , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor em Wikidata - 1985 Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresBoris Anisfeldt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLight Cone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaola Mori (pt) Traducir (1955–1985)
Rita Hayworth (1943–1948)
Virginia Nicolson (1934–1940) Editar o valor em Wikidata
ParellaOja Kodar (pt) Traducir (1966–1985)
Dolores del Río Editar o valor em Wikidata
FillosBeatrice Welles (en) Traducir
 () Paola Mori (pt) Traducir
Rebecca Welles (en) Traducir
 () Rita Hayworth Editar o valor em Wikidata
PaisRichard Head Welles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Beatrice Ives Welles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000080 Allocine: 989 Rottentomatoes: celebrity/orson_welles Allmovie: p116368 119503 TV.com: people/orson-welles IBDB: 7963
Spotify: 3OMNuqaefKpUsINmjY7Hlq Musicbrainz: cc98a7f6-1c7f-436b-b7f8-60ef310edd52 Songkick: 214527 Discogs: 236639 WikiTree: Welles-458 Find a Grave: 3587 Genius: Orson-welles Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Beatrice Ives e de Richard Head Welles, en 1918 participa como actor nunha representación da ópera Samson and Delilah.

Aos 18 anos, Welles comezou a traballar no teatro en Irlanda. Logo trasladouse a Nova York, onde debutou ao ano seguinte en Broadway coa representación de Romeo e Xulieta. Fundou posteriormente a compañía de teatro Mercury Theatre, coa que obtivo grande éxito. En 1938, xunto con varios colegas da súa compañía, representou por radio, na cadea CBS, unha adaptación da obra de H. G. Wells A guerra dos mundos. O realismo foi tal que a emisión causou auténtico pánico en Nova Jersey, onde segundo a obra tiña lugar a invasión dos extraterrestres. Este episodio deulle fama mundial, e levou a RKO Pictures a contratalo en 1939 con plena liberdade para escribir, producir e dirixir.

Posteriormente, Welles convenceu ao guionista Herman J. Mankiewicz para escribiren unha historia baseada na vida de William Randolph Hearst, magnate da prensa, propietario de dous importantes xornais. Tras uns retoques que el mesmo realizou no guión, Welles dirixiu a película co título de Cidadán Kane. Hearst tentou prohibir a proxección, pero estreouse en 1941 con grande éxito de crítica, aínda que non de recadación, debido ás trabas que tivo na distribución, promovidas por Hearst.

Actor prolífico, Welles a miúdo valíase do seu traballo de actor para financiar os seus proxectos como director. Foi un dos directores de maior talento da historia do cine, Cidadán Kane, no seu momento e agora, representou (e representa) un prodixio da técnica e narrativa cinematográfica. O plano secuencia inicial (unha toma ininterrompida de varios minutos) de Sede de mal amosa un dominio da posta en escena e organización dos movementos como só un cineasta da súa categoría podía conseguir. Mesmo obras menores coma O estraño presentan pegadas do seu grande talento.

En ocasións é difícil establecer a cronoloxía exacta da súa filmografía debido ás películas que iniciou e non puido rematar por falta de financiamento.

Filmografía parcial como director editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar