Oroonoko

novela de Aphra Behn

Oroonoko[1] é unha novela curta da escritora británica Aphra Behn, que foi publicada en lingua inglesa en 1688. Foi traducida ao galego por Marifé González,[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.[1]

Oroonoko
Portada da primeira edición do libro en 1688.
Título orixinalOroonoko
Autor/aAphra Behn
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Will. Canning
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1688
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas104
ISBNISBN 978-84-939647-7-1
TraduciónMarifé González
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A obra, cuxo protagonista é un africano escravizado e levado a Suriname durante a década de 1660, conta unha tráxica relación amorosa que, aparentemente, foi inspirada nas viaxes que a propia autora fixo ás colonias suramericanas. Adoita afirmarse que Behn foi a primeira inglesa que se dedicou profesionalmente á composición de novelas e pezas teatrais. Oroonoko cóntase entre as máis antigas novelas da lingua inglesa, e describe ben o sistema escravista da época.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Oroonoko. Traducido por Marifé González (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-7-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar