Ornithomimus
Rango fósil: Cretáceo superior 76,5 Ma-66,5 Ma[1]

Fósil de O. edmontonicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Ornithomimosauria
Familia: Ornithomimidae
Xénero: Ornithomimus
Marsh, 1890
Especies

Ornithomimus ("imitador de aves") é un xénero coñecido por dúas especies de dinosauros terópodos ornitomímidos, que viviron a finais do período Cretáceo, fai aproximadamente entre 70 e 65 millóns de anos, no Mastrichtiano, no que hoxe é Norteamérica. Ornithomimus velox, a especie tipo, foi nomeada en base a un pé e unha man proveniente da Formación Denver, pero mellor material foi atopado no Canadá, incluíndo a Ornithomimus edmontonicus un excelente espécime articulado do Parque Provincial do Dinosauro, na Formación Canón Ferradura. Outros espécimes asignados a Ornithomimus foron atopados na costa leste dos Estados Unidos. O primeiro fósil de Ornithomimus foi atopado en 1889 e nomeado polo paleontólogo norteamericano Othniel C. Marsh en 1890.

Notas editar

  1. Claessens, L. & Mark A. Loewen, M.A. (2015). A redescription of Ornithomimus velour Marsh, 1890 (Dinosauria, Theropoda). Journal of Vertebrate Paleontology (advance online publication). doi 10.1080/02724634.2015.1034593

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Claessens, L., Loewen, M. and Lavender, Z. 2011. A reevaluation of the genus Ornithomimus based on new preparation of the holotype of O. velox and new fossil discoveries. Journal of Vertebrate Paleontology, SVP Program and Abstracts Book, 2011, pp. 90.
  • Reisdorf, A.G., and Wuttke, M. 2012. Re-evaluating Moodie's Opisthotonic-Posture Hypothesis in fossil vertebrates. Part I: Reptiles - The taphonomy of the bipedal dinosaurs Compsognathus longipes and Juravenator starki from the Solnhofen Archipelago (Jurassic, Germany). Palaeobiodiversity and Palaeoenvironments, doi 10.1007/s12549-011-0068-y