O Orlandina Basket, antes coñecido como Benfapp Capo d'Orlando por motivos de patrocinio,[1] é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Capo d'Orlando, Sicilia. Fundado en 1978, actualmente compite na Serie A2 Basket, a segunda división do baloncesto transalpino.

Orlandina Basket
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 1978
Cores           Branco, azul
Presidente Italia Enzo Sindoni
Adestrador Italia Marco Cardani
Patrocinador Betaland
Localización
Cidade Italia Capo d'Orlando, Italia
Pavillón PalaFantozzi
Capacidade 3 508
Inauguración 2001
orlandinabasket.it

Historia editar

Fundado en 1978, o equipo xogou principalmente en ligas rexionais até a chegada dunha nova xerencia en 1996. A partir dese momento, a Orlandina Basket conseguiu dous ascensos consecutivos, acadando a Serie B2 en 1998. Coa fichaxe ese mesmo ano do internacional italiano Alessandro Fantozzi, o club ascendeu á Serie B1 no ano 2000 e á LegaDue (Segunda División) o ano seguinte, aínda que acabaron por desecender despois dunha temporada. Readmitido na LegaDue en 2004 debido a prazas que ficaron vacantes, o equipo gaña a liga e ascende á Serie A en 2005.

En setembro de 2008 a Orlandina foi excluída da Serie A xunto co Basket Napoli debido problemas legais.[2] Despois da sentenza, o club comezou de novo na Serie C Dilettanti, a quinta categoría do baloncesto italiano. Porén, o equipo comezou a encadear ascenso, subindo desde a DNA até a LegaDue en 2012. Na temporada 2013−14, a pesar de peder o ascenso á Serie A despois saír derrotados na final do Playoff ante o Aquila Basket Trento, a Orlandina é ascendida de todos os xeitos debido á bancarrota do Montepaschi Siena.

Patrocinadores editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Fiat Vinci Capo D'Orlando (1996−1997)
  • Nebrodi Gas Capo D'Orlando (1997−2008)
  • Upea Capo D'Orlando (1998−2007)
  • Pierrel Capo d'Orlando (2007−2008)
  • Upea Capo d'Orlando (2009−2015)
  • Betaland Capo d'Orlando (2015−2018)
  • Benfapp Capo d'Orlando (2018-presente)

Palmarés editar

Competicións domésticas editar

  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2005

Notas editar

  1. "Nuovo main sponsor, serà Betland Capo d'Orlando!". OrlandinaBasket.it. 2 de setembro de 2015. 
  2. "Il Consiglio Federale revoca l'ammissione di Napoli e Capo d'Orlando alla Serie A". Lega Basket. 20 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2008. Consultado o 10 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar