Organización Nacional das Mulleres

organización feminista dos Estados Unidos

A Organización Nacional de Mulleres (en inglés: National Organization for Women) tamén coñecida polas súas siglas en inglés NOW, é a maior organización feminista estadounidense e unha das máis antigas da historia.

Activistas de NOW: Betty Naomi Goldstein Friedan (1921-2006) Barbara Ireton (1932-1998) e Marguerite Rawalt (1895-1989).

A organización está dedicada á defensa dos dereitos das mulleres cun enfoque holístico e ten entre as súas prioridades a igualdade económica e a igualdade de dereitos, a loita polo dereito ó aborto e a liberdade reprodutiva, a loita contra o racismo e a intolerancia en defensa da comunidade LGBTQIA, a loita contra a violencia de xénero e o apoio ó liderado das mulleres nos eidos político, laboral e social.[1]

Foi cofundada en 1966 por Betty Friedan, figura central do feminismo liberal xurdido a mediados do século XX nos Estados Unidos coa particularidade de mesturar o marco teórico e as accións prácticas articuladas como movemento organizado de mulleres.[2]

A súa sede central está en Washington e ten máis de 500,000 membros contribuíntes e 550 capítulos nos 50 estados dos EE.UU e no Distrito de Columbia.[3]

Referencias editar

  1. "Issues | National Organization for Women". 
  2. Amorós, Celia; de Miguel, Ana (2005). "El feminismo liberal estadounidense de posguerra: Betty Friedan y la refundación del feminismo liberal. Por Ángeles J. Perona". Teoría Feminista: de la Ilustración a la globalización. Del feminismo liberal a la posmodernidad. 2. Minerva. p. 16. ISBN 9788488123633. 
  3. "Records of the National Organization for Women | Radcliffe Institute for Advanced Study at Harvard University". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018.