Orbiting Frog Otolith

OFO (acrónimo de Orbiting Frog Otolith) foi un experimento espacial levado a cabo con ras a bordo dunha cápsula da NASA lanzada o 9 de novembro de 1970 mediante un foguete Scout B desde Wallops Island.[2][5][6]

OFO / OFO-1 / Orbiting Frog Otolith
OFO
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento9 de novembro de 1970, 6:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout B[2][5]
Sitio de lanzamentoWallops Island[2][6]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][6]
Decaemento9 de maio de 1971[1]
NSSDC ID1970-094A
Masa133 kg[5]

Características editar

A misión de OFO foi estudar a resposta dos otólitos en períodos prolongados de ingravidez. Para iso usáronse dúas ras da especie Rana Calestiana en cuxos nervios vestibulares se implantaron microelectrodos. As ras viaxaron a bordo dunha cápsula que entrou en órbita. Durante o voo rexistrouse a actividade vestibular, tanto durante os momentos de ingravidez como en momentos de gravidade artificial producida polo xiro da centrífuga que acollía ás ras dentro da cápsula.[1][2][5][6]

Os datos foron transmitidos a terra mediante telemetría. As ras viaxaron nun contedor especial cheo de auga e xunto coa electrónica e os sistemas necesarios para mantelas con vida durante o voo. Ao final do experimento a cápsula reentrou, destruíndose durante o descenso ao non terse previsto a recuperación da mesma.[2][5]

O experimento foi pensado inicialmente para ser usado como parte do Programa de Aplicacións Apolo, unha extensión científica e tecnolóxica do programa Apolo, pero ao cancelarse foi preparado para voar como experimento independente.[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OFO 1" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (26 de agosto de 2014). "OFO 1" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  3. "Letter dated 25 February 1971 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (71-04648). 8 de marzo de 1971: 3. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  4. Claude Lafleur (2010). "OFO" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "OFO 1" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "OFO" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar