Opus Dei (álbum)

Opus Dei é o terceiro álbum da banda eslovena de música industrial Laibach, publicado no ano 1987 a través do selo Mute Records. O disco conta con "Geburt einer Nation" ("nacemento dunha nación"), unha versión en alemán da canción de Queen "One Vision", e dúas reelaboracións do único éxito da banda austríaca Opus "Live Is Life". A canción de Opus está en alemán como "Leben heißt Leben" e en inglés como "Opus Dei". "The Great Seal" é o himno do Neue Slowenische Kunst e a súa letra está collida do discurso de Churchill "We shall fight on the beaches" (loitaremos nas praias). Un novo arranxo da canción aparece no álbum Volk, co título "NSK". En Volk a canción aparece acreditada a Laibach e Slavko Avsenik, Jr.

Opus Dei
Álbum de Laibach
Publicado1987
Duración37:17 (vinilo)
58:60 (CD)
Xénero(s)martial industrial, dark wave neoclásico
Selo(s)Mute Records
Producido porRico Conning
Cronoloxía
Baptism Opus Dei Let It Be

Hai dúas conexións máis co álbum A Kind of Magic de Queen. Aínda que o loop de batería en "Trans-National" é case idéntico ao de "Don't Lose Your Head" de Queen, de feito está composto por samples do tema de introdución da película A batalla de Neretva, composta por Bernard Herrmann na súa versión en inglés. Os elementos de "How the West Was Won" (concretamente as guitarras rítmica e harmonizada) están inspiradas pola canción "Gimme The Prize" de Queen.

Listaxe de cancións editar

  1. "Leben heißt Leben" (Live is Life) (Opus) – 5:28
  2. "Geburt einer Nation" (Birth of a Nation) (Queen) – 4:22
  3. "Leben - Tod" (Life - Death) (Laibach) – 3:58
  4. "F.I.A.T." (Laibach) – 5:13
  5. "Opus Dei" (Opus) – 5:04
  6. "Trans-National" (Laibach) – 4:28
  7. "How the West Was Won" (Laibach) – 4:26
  8. "The Great Seal" (Laibach) – 4:16

Nas edicións en CD hai catro temas de Baptism:

  1. "Herz-Felde" (Heartfield) (Laibach) – 4:46
  2. "Jägerspiel" (Hunters' Game) (Laibach) – 7:23
  3. "Koža" (Skin) (Laibach) – 3:51
  4. "Krst" (Baptism) (Laibach) – 5:39