Omar Khayyam

matemático, astrónomo, filósofo e poeta persa

Ghiyath al-Din Abu l-Fath Omar ibn Ibrahim Al-Nishaburi al-Jayyam (عمر بن إبرهيم خيام بيشابوري en persa e árabe) ou Omar Jayyam noutras transcricións, nado en Nishapur c. o 18 de maio de 1048 e finado na mesma cidade c. o 4 de decembro de 1131, foi un matemático, astrónomo, filósofo e poeta persa. O seu nome adoita atoparse tamén escrito consonte á transcrición inglesa, Khayyam. Igualmente, pode aparecer a versión árabe do nome, Omar al-Jayyam ou Omar ibn al-Jayyam. A tradución literal do seu apelido é fabricante de tendas, profesión que exerceu o seu pai, Ibrahim.

Omar Khayyam
e
Nacemento18 de maio de 1048 e 15 de maio de 1048
 Nishapur
Falecemento4 de decembro de 1131
 Nishapur
SoterradoOmar Khayyam Mausoleum
NacionalidadeImperio Selxúcida
RelixiónIslam e ateísmo
Ocupaciónmatemático, astrónomo, poeta, letrista, filósofo, músico, astrólogo, escritor e físico
Coñecido/a porRubaiyat e Calendario persa
InfluíuAl-Khazini
Na rede
IMDB: nm1024630 Musicbrainz: 4e49f8fa-20b0-47c0-bc2c-37fe9e9e6221 Discogs: 647249 IMSLP: Category:Khayyám,_Omar Find a Grave: 12075 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Representación de Omar Jayam, en Works of Edward FitzGerald.

Traxectoria editar

Omar naceu en Nishapur, a entón capital selxúcida de Jorasán (actual Irán), ao redor do ano 1040. Alí e na cidade de Balj, recibiu unha sólida educación nos temas das ciencias e filosofía. No 1070, trasladouse a Samarcanda, onde o patrocinio do xurista Abú Taher permitiulle completar a súa Tese sobre demostracións de álxebra e comparación. Con ela atinxiu gran recoñecemento e prestixio, até o punto de ser chamado polo sultán Malek Shah, que lle encargou a construción dun observatorio astronómico sito en Marv, (actualmente Mary, en Turkmenistán) segundo consigna Nezam-o-Molk, no seu libro Siasat Namé, en colaboración con outros sete astrónomos e matemáticos, entre eles: Abdolrahman Jazení e Meimún-ebne Nayib Vasetí.

Durante 18 anos, realizou relevantes investigacións en astronomía, que abrangueron a compilación de táboas astronómicas e particularmente, a corrección do antigo calendario Zaratustrano, que os persas conservaran debido á súa exactitude, a pesar de que a cultura islámica impuña a todas as nacións conquistadas o seu calendario lunar. As investigacións realizadas, permitíronlle calcular o erro do calendario persa que tiña un ano de 365 días exactos. Para o novo calendario, que se chamou Yalalí, (por orde de Malek Shah, que tamén se chamaba Yalaledín) Khayyam calculou a duración do ano cunha exactitude abraiante. O seu erro é dun día en 3770 anos, menor aínda que o do calendario gregoriano (dun día en 3330 anos), que recentemente se comezaría a empregar en Europa a partir do 15 de outubro de 1582. Foi formalmente inaugurado o 15 de marzo de 1079, e é o calendario empregado aínda hoxe polos Persas. Khayyam non puido terminar as táboas astronómicas por mor das mortes de Nezam-o-Molk, e no mesmo ano, 1092 DC, a do sultán Malek Shah.

Fixo a súa peregrinación á Meca, segundo o costume musulmán no 1092 DC. Ao seu regreso a Neishabur, permaneceu vinculado á corte onde se desempeñou como historiador e xuíz, e deu clases de disciplinas como matemáticas, astronomía, historia, medicamento e filosofía. Lamentablemente, a súa obra científica só nos chegou en parte. Son extraordinarias: a Disertación sobre unha posible demostración do postulado paralelo, da xeometría de Euclides, a Tese sobre Demostracións de Álxebra e Comparación escrita en árabe (traducida por Woepecke en 1851), e o Tratado sobre a exactitude do sistema Indio para calcular raíces de ecuacións referido a ecuacións de segundo e terceiro grao, Os Problemas en Aritmética e Cálculo, a Descrición das Táboas Astronómicas de Malek Shah, o ensaio Luz da Razón sobre a ciencia en xeral, e a Disertación sobre Ciencias Naturais. Existen uns oito traballos máis, sobre física, economía, historia, filosofía, metafísica e tradicións.

Na súa Tese sobre Demostracións de Álxebra e Comparación, desenvolve o primeiro procedemento de solución das ecuacións cuadráticas e cúbicas a partir das seccións cónicas, que permite atoparlles unha raíz positiva, e así mesmo logra demostrar que teñen polo menos unha segunda raíz. A súa afirmación de que non se pode achar as raíces das ecuacións de terceiro grao mediante regra e compás, non puido ser demostrada até 750 anos despois, e a teoría das ecuacións de terceiro grao só sería desenvolta no século XVII, con Descartes.

Foi o primeiro que describiu o desenvolvemento da potencia dun binomio con expoñente natural, e estableceu, por primeira vez na historia das matemáticas, a idea de que as fraccións poderían constituír un campo numérico con propiedades máis amplas que o campo dos números naturais, único coñecido entón, e que databa desde os gregos. Estes conceptos teóricos contáronse entre as matemáticas de punta durante todo o renacemento europeo. A crónica de Nezam-o-Molk, destaca a Jayyam como insuperable astrónomo. Mais as súas achegas ás matemáticas, que daquela non se comprenderon en toda a súa transcendencia, avantaxan notoriamente os seus importantes logros en astronomía.

Investigou as ecuacións e a el débese o que a incógnita das mesmas chámese x: Khayyam chamábaa shay ("cousa" ou "algo", en árabe). O termo pasou a xay en castelán, e de aí quedou só a inicial x. (Amin Maalouf, Samarcanda, Madrid: Alianza, 1989)

Literatura editar

Requírese unha grande erudición, para cubrir un campo de coñecementos tan vasto e para lograr a calidade da sabedoría que nos transmite, tamén na súa poesía, que requiriu séculos para empezar a ser debidamente valorada, ao desenvolver a humanidade unha cultura máis axustada ao universo natural, e menos limitada polas crenzas en que se debeu apoiar no seu proceso de evolución. Os científicos e en particular os astrónomos, concretaron o recoñecemento ao seu enorme talento, designando co seu nome, un importante cráter da Lúa. (O cráter Omar Khayyam, atópase nas seguintes coordenadas lunares: latitude 58,0 N e lonxitude 102,1 oeste).

Como xenio literario, Omar Khayyam é coñecido en occidente pola colección de poemas, a el atribuídos, chamada Robaiyyat ou Ruba`iyyat, Rubaiyat na versión galega da obra[1], ("cuartetas", en árabe), nome persa que alude a súa estrutura. Trátase de varias series de catro versos, escritos na lingua materna do poeta, o o farsi ou Lingua persa. A través destes textos, que o sabio escribiu ao longo da súa vida, transmítenos as súas ideas acerca de temas tan distintos como a ciencia e o coñecemento, a moral e o comportamento persoal, relixión e teoloxía, como ser feliz, a nostalxia polo vivido, o goce da vida antes da morte, de onde vimos e onde imos. Hai discrepancias sobre os versos que constitúen as Ruba`iyyat xa que estas foron en gran medida reconstruídas a partir de varias copias diferentes, e é posible que nalgunha recompilación haxa versos non debidos á man do poeta.

Os Robaiyyat foron expurgados e fixados por Sadeq Hedayat (1903-1951) escritor iraniano, quen nos fala de Khayyam desde dúas vertentes: como filósofo e como poeta. No primeiro dinos que era un filósofo materialista, pesimista e escéptico. Segundo Jayyam a natureza cega e xorda continúa o ciclo: o ceo está baleiro e non atende os berros de ninguén. O seu pensamento está empapado de tristeza, pena, inexistencia e morte.

se os que aínda non viñeron visen como sufrimos
por culpa do destino, non virían xamais.[2]

Para Khayyam, máis aló da materia non existe nada. O mundo está feito a base da unión de partículas que funcionan por mera casualidade.

Daquel xerro de viño, que a ninguén prexudica,
enche a túa copa e bebe, e sírveme á miña outra,
raparigo, antes de que faga, sen prestar atención,
coa túa terra e a miña un xerro o oleiro.

(Cuarteto 68)

En canto a poeta percibe a natureza cunha delicadeza e sutileza especiais, destacando a beleza da súa linguaxe:

O vento de levante rachou a flor o veo... (60)
A nube entre saloucos chorou sobre a herba... (61)
A luz da lúa racha o manto da noite... (111)

Referencias culturais editar

En Astronomía editar

En literatura editar

  • Omar Khayyam é un dos personaxes principais da novela Samarcanda do escritor francófono libanés Amin Maalouf
  • Un personaxe da novela Vergüenza (Shame, 1983) de Salman Rushdie chámase tamén Omar Khayyam.
  • O escritor arxentino Jorge Luis Borges fai referencia a Omar Khayyam e á súa poesía en múltiples ocasiones ao longo da súa obra.
  • Na novela O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde, Lord Henry refírese a Omar Khayyam como o "rei do hedonismo"
  • O poemario Presencias (A saudade do corredor de fondo) de Xavier Seoane, publicado en 1985, contén un poema titulado «Presencia de Omar Kheyam».

Notas editar

  1. Khayyam, O. (2010). Rubaiyat. Versión galega de Correa Corredoira. Baía Edicións.
  2. (Cuarteto 28) (© Tradución ao galego a partir da versión de Zara Behnam e Jesús Munárriz para Hiperión)
  3. Dictionary of Minor Planet Names - p.255

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar