Olláparo

Ser da mitoloxía galega

O Olláparo ou Alláparo é un ser mitolóxico galego. É unha especie de xigante antropófago que só ten un ollo no medio da fronte, brután e feroz, moi salvaxe e voraz, gran comellón, que vive nas cavernas nos bosques e nos montes, sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense. Ás veces o olláparo ten dous ollos, un na fronte e outro na caluga. As súas mulleres, son aínda peores ca eles.[1]

Retrato dun olláparo.
Escultura dun olláparo no paseo da praia de Barraña, Boiro.

Aseméllase aos ciclopes clásicos, ou os Fomoré da mitoloxía irlandesa, (tamén con dous ollos situados do mesmo xeito), sendo o máis famoso Balar. O ollo traseiro de Balar era terrible, pois provocaba mal de ollo e pode compararse con Medusa.

Notas editar

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar