Olivier-Maurice Clément, nado o 17 de novembro de 1921 e finado o 15 de xaneiro de 2009, foi un escritor, poeta e teólogo francés pertencente á Igrexa Ortodoxa.

Infotaula de personaOlivier Clément

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Maurice Olivier Clément Editar o valor em Wikidata
17 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Aniane, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
20.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaQ110345104 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMarsillargues (–2009) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Montpellier Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , escritor , historiador , poeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSt. Sergius Institute (en) Traducir
Liceo Louis-le-Grand Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAlphonse Dupront (pt) Traducir, Henri-Irénée Marrou (pt) Traducir e Marc Bloch Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMonique Clément (en) Traducir (–2009) Editar o valor em Wikidata
FillosDenys Clément (en) Traducir, Hélène Clément (en) Traducir, Anne Clément (en) Traducir, Pierre Clément (en) Traducir, Sophie Stavrou (en) Traducir, Simone Clément (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Pertencente a unha familia agnóstica, tras unha crise persoal e unha busca por diversas formas de espiritualidade oriental, á idade de 30 anos decide bautizarse na parroquia francófona do Patriarcado de Moscova. Influído por Pavl Evdokimov, Vladimir Lossky e Nicolás Berdaev, desenvolve un pensamento que tenta dar resposta ao home contemporáneo, entendido dende o marxismo, a psicanálise e o existencialismo de Kierkegaard e Sartre. Resposta que tenta realizar a través dun cristianismo que bebe directamente na sabedoría dos Pais da Igrexa de tradición oriental e os pensadores cristiáns bizantinos como Gregorio Palamas ou Nicolás Cabasilas.

Profesor de historia no Liceo de París, e posteriormente no Instituto de San Serxio, foi fundador da Fraternidade ortodoxa occidental. Tivo un contacto intenso co Patriarcado ecuménico de Constantinopla. Foi consultor do Comité interepiscopal ortodoxo de Francia, observador laico como invitado no Concilio Vaticano II e responsable da revista Contacts. É doutor honoris causa do Instituto teolóxico de Bucarest e da Universidade católica de Lovaina.

Aínda que mantivo unhas cordiais relacións co papado, sempre criticou a moral católica en materia de sexualidade e matrimonio, así como o poder xurisdicional do bispo de Roma. Foi tamén contrario ao anquilosamento de moitas igrexas nacionais ortodoxas e á inflexibilidade do Patriarcado de Moscova.

Pensamento editar

Para Olivier Clément, a humanidade individual e colectivamente está rota, disociada e trastocada:

Divididos en nós mesmos, estámolo, así mesmo, entre nosoutros: somos individuos inimigos, solitarios ou confundidos, solitarios na confusión mesma...individuos xustapostos de facianas herméticas, coa ollada do outro ocultándonos o universo
Sobre o Home

Influenciado pola visión de Sartre no Ser e o Nada, entende que o outro representa para cada un o seu fracaso: a imposibilidade de realizarse en comuñón, que é a única forma de realizarse. Fronte a isto, asistimos á dexeneración histórica do cristianismo en moral, e na dexeneración desa mesma moral en esmagamento infantil do super-eu, en noción castradora do puro e do impuro, ou nunha sublimación dunha especie de anxelismo que desemboca na disociación esquizofrénica entre unha rede de deberes e a densidade da vida.

Ante isto, é soamente arriscándose naquela densidade da vida, tal como quería Kierkegaard, onde se debe atopar resposta. Despuirse de toda seguridade ata abrirse ao Amor ofrecido en Cristo mediante un proceso de metanoia (conversión) que leve ao home a contemplar o carácter irrisorio dos personaxes no gran teatro do mundo, a caer dramaticamente na conta da futilidade dos ídolos que non sacian a sede fundamental nin rachan coa raíz de todos os temores: a morte mesma. Morte entendida como amputación dunha arela de vida e, xa que logo, como asasinato (a morte é sempre un asasinato porque interrompe unha existencia feita de eternidade). Ou Morte como tempo que desgasta, mecaniza e destrúe e como espazo que divide, afasta e apreixa. Así ata descubrir que son fundamentalmente amado: Que son porque son amado.

Obras editar

  • Transfigurar le temps
  • L´Église orthodoxe
  • Byzance et le christianisme
  • Questions sur l´homme
  • L´Autre Soleil
  • Rome Autrement: Une réflexion orthodoxe sur la papauté