Oliver Kahn

futbolista alemán

Oliver Rolf Kahn (AFI: ˈɔ.lɪ.vɐ ˈkʰaːn), nado en Karlsruhe (Baden-Württemberg) o 15 de xuño de 1969[1], é un exfutbolista alemán que xogaba na posición de porteiro.

Oliver Kahn
Información persoal
Nome Oliver Kahn
Nacemento 15 de xuño de 1969
Lugar de nacemento Karlsruhe
Altura 1,88 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1975–1987 Karlsruher SC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1990 Karlsruher SC II 73 (0)
1987–1994 Karlsruher SC 128 (0)
1994–2008 FC Bayern München 429 (0)
Total 630 (0)
Selección nacional
1995–2006 Alemaña 86 (0)
Na rede
http://www.oliver-kahn.de/
IMDB: nm1853127 Facebook: OfficialOliverKahn Twitter: OliverKahn Instagram: oliverkahn FIFA: 78091 UEFA: 9182 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Karlsruher SC e doce anos máis tarde debutou como profesional. En 1994 foi transferido ao FC Bayern München, onde xogou ata a fin da súa carreira, no 2008.

Oliver Kahn é un dos futbolistas alemáns máis exitosos da historia recente, con 8 títulos da Bundesliga, 6 Copas de Alemaña, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Copa Intercontinental. Considerado como un dos mellores porteiros de todos os tempos, as súas contribucións individuais fixeron que obtivera o récord de gañar catro anos consecutivos o premio de Mellor Porteiro de Europa da UEFA, ademais de tres premios de Mellor porteiro do Mundo segundo a IFFHS e dous trofeos como Futbolista do ano en Alemaña. No Mundial de Fútbol de 2002, Kahn converteuse no primeiro porteiro da historia en gañar o Balón de Ouro do Mundial. Kahn ocupa o quinto posto na lista dos mellores do século XXI da IFFHS e tamén o quinto posto na lista dos mellores porteiros dos últimos 25 anos.[2]

Dende 1994 ata 2006, Kahn formou parte da selección de fútbol de Alemaña, onde xogou dende a retirada de Andreas Köpke. Con esta selección gañou a Eurocopa 1996, aínda que el non xogou ningún partido. No Mundial do 2002, a pesar de que Alemaña non estaba entre as favoritas, a actuación de Kahn foi clave para alcanzar a final, na que Alemaña perdeu contra Brasil, e na que Kahn cometeu un erro, que non obstante, non impediu que recibira o trofeo como mellor xogador do torneo.

Con 557 encontros disputados é o terceiro futbolista e o primeiro gardameta con máis encontros disputados na historia da Bundesliga.[3]

Traxectoria editar

Karlsruher SC editar

Con seis anos de idade, Kahn uniuse ao Karlsruher SC, equipo no que xogara seu pai Rolf dende 1962 ata 1965. Comezou como xogador de campo, pasando despois á posición de porteiro.[4]

Kahn foi incluído no equipo profesional do club na tempada 1987-1988 da primeira división da Bundesliga, comezando como porteiro suplente, por detrás do titular Alexander Famulla. O seu debut produciuse o 27 de novembro de 1987 nun partido contra o 1. FC Köln, que rematou cunha vitoria por 4-0. Pero non foi ata 1990 cando o adestrador Winfried Schäfer decidiu colocalo no equipo titular. Nos seguintes anos, Kahn converteuse nun porteiro de calidade contribuíndo a establecer ao Karlsruher SC como un dos mellores equipos da Bundesliga. O seu maior logro co Karlsruher SC foi alcanzar as semifinais da Copa da UEFA na tempada 1993-94. Nese torneo o Karlsruher obtivo unha histórica vitoria por 7-0 no encontro de volta ante o Valencia CF[5], despois de ser derrotado no encontro de ida por 3-1. Oliver Kahn permaneceu no club durante sete tempadas.

FC Bayern de Múnic editar

 
Kahn no seu partido de despedida entre o Bayern de Múnic e Alemaña no Allianz Area o 2 de setembro de 2008.

As actuacións de Kahn no Karlsruher fixeron que o FC Bayern München se interesase por el e finalmente o fichase no inicio da tempada 1995-1996 como substituto de Raimond Aumann, por unha cifra de 4,6 millóns de marcos (2,38 millóns de euros), disputando 23 encontros. Na tempada 1995-96, sufriu unha lesión no ligamento cruzado que o mantivo lonxe dos terreos de xogo durante case seis meses. Dous meses despois do seu retorno, debutou coa selección nacional. Esa mesma tempada, o Bayern gañou a Copa da UEFA, tras derrotar na final ao Girondins de Bordeos.[6] Na tempada 1996-1997 gañou co Bayern a Copa da Liga[7] e foi nomeado como Porteiro Alemán do Ano por segunda vez (a primeira fora en 1994). En 1999, alcanzou a final da Liga de Campións, onde se enfrontou ao Manchester United. Aínda que o Bayern foi gañando case todo o partido tras o gol de Mario Basler no minuto 6, o Manchester deulle a volta ao marcador no tempo de desconto con dous goles de Teddy Sheringham e Ole Gunnar Solskjær, que entraran de suplentes[8]. Ese mesmo ano Kahn foi nomeado Mellor Porteiro do Mundo pola IFFHS.[9]

O 3 de marzo de 2001, nos instantes finais dun partido contra o Hansa Rostok, no que o Bayern perdía 2-3, Kahn subiu á área contraria a rematar un córner. Acabou marcando pero fíxoo golpeando o balón cos puños e foi inmediatamente expulsado. Foi o único cartón vermello que viu no Bayern e o segundo da súa carreira.[10]

Na tempada 2000-01 o Bayern gañou a Liga de Campións, tras unha quenda de penaltis contra o Valencia na final, na que Kahn parou tres e foi elixido como Xogador do partido.[11] Ademais a UEFA entregoulle o Premio ao Xogo Limpo por ser o único que tentou consolar ao porteiro rival, Santiago Cañizares.[12] Máis tarde ese ano, o Bayern perdeu a Supercopa de Europa pero gañou a Copa Intercontinental contra o Boca Juniors en Toquio.

Debido a lesións e problemas persoais, o seu nivel empezou a diminuír despois da tempada 2002-03. Na liga de Campións da tempada 2003-04, Kahn deixou entrar un tiro fácil de Roberto Carlos na portaría do Bayern contra o Real Madrid, contribuíndo á eliminación do seu equipo da competición. Con todo, desde a tempada 2003-04 e a pesar da súa idade, as actuacións de Kahn melloraron considerablemente.

O 2 de setembro do 2007, con 38 anos, xogou o seu partido número 537 na Bundesliga, converténdose no porteiro con máis partidos xogados.

Ademais Kahn é o segundo porteiro da Bundesliga que máis minutos permaneceu invicto: 803 minutos sen recibir un gol. Timo Hildebrand superouno na tempada 2006-2007 ao permanecer 885 minutos sen recibir un gol. O 1 de maio de 2008 Kahn dixo adeus á competición europea disputando o seu último partido da Copa da UEFA contra o Zenit de San Petersburgo nas semifinais de devandita competición, caendo eliminado o Bayern tras recibir un contundente 4-0. O 17 de maio de 2008, Kahn disputou o seu último partido na Bundesliga coa camiseta do Bayern de Múnic contra o Hertha de Berlín, cun resultado final de 4-1 a favor do Bayern. Kahn foi substituído no minuto 89 por Michael Rensing, o seu sucesor na meta do conxunto bávaro, baixo unha forte ovación do público do Allianz Arena. Este partido foi o número 557 de Kahn na Bundesliga[13], establecendo a marca de terceiro xogador con máis partidos disputados na historia desa competición. Tamén nese mesmo partido Kahn logrou a súa última marca como xogador: a de menos goles encaixados nunha tempada. Kahn encaixou 21 goles en 34 partidos, marca que até ese momento pertencía ao Werder Bremen.

Oliver Kahn puxo fin á súa carreira en setembro de 2008 nun partido amigable do Bayern de Munich contra a selección alemá de fútbol.[14]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección de fútbol de Alemaña en 96 ocasións. Aínda que xa fora convocado coa súa selección en 1994, o seu debut como internacional produciuse o 23 de xuño de 1995 nun encontro contra Suíza. Foi convocado para a Eurocopa 1996, aínda que non chegou a disputar nin un só encontro. Participou na Copa Mundial de Fútbol de Corea e o Xapón de 2002 disputando sete encontros contra Arabia Saudita, o Camerún, Irlanda, Paraguai, Estados Unidos, Corea do Sur e a final contra Brasil. Kahn foi o capitán da Selección alemá e disputou todos os partidos dese Mundial e xunto a Oliver Bierhoff e a Oliver Neuville formou o trío de "o tres Oliver" . Conseguiu o subcampionato ao perder na final contra Brasil por 2:0. Kahn recibiu só tres goles no campionato e foi decisivo para o seu equipo, polo que foi elixido mellor xogador do torneo, no cal recibiu o Balón de ouro e o Premio Lev Yashin.

Pouco antes de comezar a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Jürgen Klinsmann, naquel momento director técnico do combinado xermano, anunciou a titularidade de Jens Lehmann na porta da selección, quedando así Oliver Kahn como o segundo porteiro, o cal foi un gran golpe inesperado para el. Foi debido a unha disputa entre o lendario Franz Beckenbauer e o técnico da selección. Só xogou o partido polo terceiro posto (Portugal-Alemaña 1:3). Ao finalizar o torneo, anunciou o seu retiro da selección nacional.

Participacións en Copas do Mundo editar

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 1994   Estados Unidos Cuartos de final
Copa Mundial de Fútbol de 1998    Francia Cuartos de final
Copa Mundial de Fútbol de 2002   Corea do Sur e o Xapón  Subcampión
Copa Mundial de Fútbol de 2006   Alemaña Terceiro lugar

Participacións en Eurocopa editar

Torneo Sede Resultado
Eurocopa 1996   Inglaterra Campión
Eurocopa 2000     Bélxica e Países Baixos Primeira fase
Eurocopa 2004   Portugal Primeira fase

Participacións en Copas FIFA Confederacións editar

Clubs editar

Club País Ano Partidos
Karlsruher SC   Alemaña 1987 - 1994 148
Bayern Munich   Alemaña 1994 - 2008 632

Palmarés editar

Campionatos Nacionais editar

Título Club País Ano
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1997
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1997
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1998
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1998
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1999
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 1999
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2000
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2000
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2000
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2001
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2003
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2003
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2004
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2005
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2005
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2006
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2006
Copa da liga de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2007
1. Bundesliga F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2008
Copa de Alemaña F.C. Bayern Múnic   Alemaña 2008

Campionatos Internacionais editar

Título Equipo (*) Sede Ano
Copa da UEFA F.C. Bayern Múnic    Alemaña 1996
Eurocopa Selección Alemá    Inglaterra 1996
UEFA Champions League F.C. Bayern Múnic    Italia 2000-01
Copa Intercontinental F.C. Bayern Múnic    Xapón 2001

(*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Mellor porteiro de Europa[15] 1999
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] 1999
Porteiro do Ano da UEFA 1999
Mellor porteiro de Europa 2000
Futbolista alemán do ano[16] 2000
Porteiro do Ano da UEFA 2000
Futbolista alemán do ano 2001
Mellor porteiro de Europa 2001
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] 2001
Balón de Bronce (France Football) 2001
Premio Bambi 2001
Porteiro do Ano da UEFA 2001
Mellor porteiro de Europa 2002
Premio Lev Yashin[17] 2002
Balón de Ouro (Mellor Xogador da Copa Mundial de Fútbol) 2002
Equipo das Estrelas da Copa Mundial de Fútbol de 2002 2002
Porteiro do Ano (IFFHS)[9] 2002
Balón de Bronce (France Football) 2002
Porteiro do Ano da UEFA 2002
Segundo Xogador Mundial 2002
Futbolistas FIFA 100 2004
Premio Bambi 2006

Vida privada editar

Kahn naceu en Karlsruhe, nunha familia con raíces letonas: seu pai Rolf naceu en Liepāja, fillo dunha nai letoa e un pai alemán do Báltico.[18] Rolf xogou profesionalmente no Karlsruhe SC, así como o seu fillo Axel, o irmán máis vello de Oliver Kahn.[19]

No 2009, ofrecéronlle adestrar ao FC Schalke 04 pero rexeitou a oferta.[20]

En 2011, un xulgado alemán multou Kahn con 125.000 € por evasión de impostos, por non declarar máis de 6000 € en roupa de luxo comprada en Dubai.[21]

Desde outubro de 2016, Kahn é dono e fundador de Goalplay, unha empresa dedicada á fabricación de luvas de porteiro e ao adestramento de novas promesas do fútbol.[22][23]

Notas editar

  1. "Artigo sobre Oliver Kahn na Encyclopædia Britannica en liña". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  2. "Buffon, o mellor do século XXI" (en italiano). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  3. "Xogadores con máis partidos na Bundesliga". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  4. "Carreira de Oliver Kahn". www.oliver-kahn.de (en alemán). Archived from the original on 24 de maio de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  5. "Copa da Uefa 1993-1994". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  6. "Copa da UEFA 1996". www.uefa.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  7. "Copa da Liga 1997". www.weltfussball.de (en alemán). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  8. "Manchester United-Bayern de Múnich: o minuto do século". As (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Mellor porteiro do mundo según a IFFHS". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  10. "Datos sobre Oliver Kahn". www.fussballdaten.de (en alemán). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  11. "Final Champions League 2001. El Bayern conquistó Europa en los penaltis" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  12. "El hombre demolido" (en castelán). 24 de mayo de 2001. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  13. "Oliver Rolf Kahn - Partidos e goles na Bundesliga". rsssf.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  14. "Oliver Kahn Bids Farewell to Football" (en inglés). 3 de setembro de 2008. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  15. "Premios da UEFA". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  16. "Futbolista alemán do ano". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  17. "Premio Lev Yashin". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  18. "Der Viertel-Lette" (en alemán). 11 de maio de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  19. ""Wer kann mir noch was sagen?"". Spiegel (en alemán). 5 de xuño de 2002. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  20. "Oliver Kahn non ve o seu futuro no Schalke". Der Westen (en alemán). 11 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  21. "Oliver Kahn multado con 125.000€ por evasión de impostos" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  22. "About us - Founder and Coaches". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xullo de 2018. 
  23. "Oliver Kahn geht unter die Gründer – und seine Fans flippen aus". Gründerszene.